Tritón é un satélite natural de Neptuno que se encontra a 4.500 millóns de quilómetros da Terra. Posiblemente sexa o astro máis frío do Sistema Solar (-235 °C).

Descuberta e características Descuberto por William Lassell en 1846, só 17 días despois do propio descubrimento do planeta, debe o seu nome ao deus Tritón da mitoloxía grega. Está desfigurado por violentas erupcións volcánicas e a súa superficie xeouse e fundeuse repetidamente, quedando así sucada dunha rede de enormes gretas.

Tralo paso do Voyager 2 polas súas proximidades, unhas enigmáticas imaxes revelaron o que parecían ser géyseres de nitróxeno líquido emanados dende a súa superficie xeada. Este descubrimento mudou o concepto clásico do vulcanismo xa que, ata entón, supoñíase que os corpos xélidos non deberían estar xeoloxicamente activos. Tritón demostrou que para que houbera actividade xeolóxica basta cun medio fluído, sexa rocha fundida, nitróxeno ou auga.

Categoría:Lúas de Neptuno