O 30 de agosto é o 242º día do ano do calendario gregoriano e o 243º nos anos bisestos. Quedan 123 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1483 - Os Reis Católicos recoñecen e amplían a Universidade Luliana da illa de Mallorca. 1918 - Na Unión Soviética, a anarquista e revolucionaria Fanni Kaplán dispara a Lenin logo dun discurso deste en Moscova. Como resultado o Consello de Comisarios do Pobo implanta a inicios de setembro o chamado Terror Vermello. 1991 - Azerbaidján declárase independente da Unión Soviética. 1999 - O pobo de Timor Leste vota pola súa independencia. 2007 - O Goberno Galego expropia a Illa de Sálvora
Nacementos miniatura|100px|Mary Shelley. 1797 - Mary Shelley, escritora británica (m. 1851). 1811 - Théophile Gautier, escritor francés. 1869 - Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto galego. 1871 - Ernest Rutherford, físico británico (m. 1937). 1883 - Theo van Doesburg, pintor e arquitecto holandés. 1884 - Theodor Svedberg, químico sueco. 1888 - Leandro Carré Alvarellos, escritor galego (m. 1976). 1912 - Edward Mills Purcell, físico norteamericano (m. 1997). 1913 - Richard Stone, economista inglés. 1924 - Óscar Martínez Castro, escritor galego. 1929 - Manuel Dourado Deira, escritor galego (m. 2012). 1943 - Robert Crumb, historietista e ilustrador estadounidense. 1946 - Miro Casabella, músico galego. 1950 - Antony Gormley, escultor británico. 1951 - Gediminas Kirkilas, primeiro ministro de Lituania. 1959 - Luís Martínez-Risco Daviña, ensaísta e historiador galego. 1972 - Cameron Diaz, actriz estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Wilhelm Wundt. 1936 - José López Bouza, político republicano galego. 1920 - Wilhelm Wundt, fisiólogo, psicólogo e filósofo alemán (n. 1832). 1940 - Joseph John Thomson, físico británico, Premio Nobel (n. 1856). 1957 - Josep Lluís Facerías, guerrilla antifranquista catalán (n. 1920). 1991 - Jean Tinguely, pintor e escultor suízo (n. 1925). 2001 - Juan Acuña, futbolista galego (n. 1923). 2003 - Donald Davidson, filósofo norteamericano (n. 1917). 2004 - Fred Lawrence Whipple, astrónomo estadounidense (n. 1906). 2006 - Naguib Mahfús, escritor exipcio. 2013 - Seamus Heaney, escritor irlandés (n. 1939). 2013 - Benxamín Casal, economista e político galego (n. 1935). 2015 - Oliver Sacks, neurólogo e escritor inglés (n. 1933).
Festas e celebracións Día Internacional das Vítimas de Desaparicións Forzadas
Outros Santoral: San Félix e Santo Adauto. Santo Ero da Armenteira.
Os 366 días do ano
Categoría:Agosto