Acontecementos Asia Persia - Revolta da nobreza contra Hormizd IV, que é cegado e matado. O xeneral Bahram Chûbin faise proclamar rei co nome de Bahram VI (590–591), usurpando os dereitos de Cosroes II, que será coroado tamén en 590.

Europa Childeberto II, rei franco, asina un tratado de paz cos lombardos, tras ser derrotado por eles o ano anterior, Gontrán, ao mando dos francos tenta apoderarse de novo da Septimania. Os visigodos derótano en Carcasona. Celébrase o III Concilio de Toledo: nel o rei visigodo Recaredo convértese ao catolicismo. III Concilio de Braga convocado para as dioceses do desaparecido reino suevo.

Nacementos Li Jiancheng, príncipe herdeiro chinés da dinastía Tang (m. 626).

Mortes Sushun, emperador do Xapón.

Outros O letrado chinés Yan Zhitui efectú a primeira referencia do uso de papel hixiénico da historia.

Historia ano a ano

Categoría:589