Acontecementos Novo levantamento conxunto de cántabros e ástures, que é sufocado con rapidez. Os vencidos son sometidos a escravitude. Lucio Sestio levanta, en honra a Augusto, as Aras Sestianas. Erguemento dun trophaeum, tamén en honra a Augusto, na costa, non lonxe da foz do río Ulla, para conmemorar a vitoria sobre os galaicos. Os romanos fundan Zaragoza co nome de Colonia Caesaraugusta, con veteranos das Guerras Cántabras. Fundación de Augusta Pretoria (Aosta), en Italia. Octavio funda a cidade de Nicópolis en Exipto, para conmemorar a súa vitoria sobre Marco Antonio. Amentarit, raíña de Meroe, invade Exipto e pasa a coitelo as gornicións romanas de Filé e Siena.
Nacementos
Mortes
Outros
Historia ano a ano
24