Ruslana Stepanivna Lyzhychko, nada en Lviv o 24 de maio de 1973, é unha cantante, compositora produtora e bailarina ucraína, gañadora do Festival de Eurovisión 2004. Escribe, compón e produce as súas propias cancións e videoclips. Ademais é pianista, directora de Orquestra Sinfónica, Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF e membro do parlamento ucraíno.
Traxectoria O seu primeiro éxito en Ucraína foi en 1998 coa canción "Sunrise" e o álbum A Moment of Spring. En 1999 traballou no musical do Nadal The Final Christmas of the 1990s, que gañou o premio á película do ano de Ucraína. O seu álbum Dyki Tantsi (ou Wild dances na súa versión inglesa), que foi lanzado en 2003, foi disco de platino en Ucraína, vendendo máis de 100.000 copias.
Gañou o Festival de Eurovisión 2004 interpretando "Wild dances". A súa actuación reportoulle 280 puntos.
Discografía Singles Ty Balada pro princessu Svitanok Ostannya Poema Kolyskova Myt' Vesny Prochannya z Disko Znaju Ja Oy, Zaghray My, Muzychenku Kolomyjka Wild Dances (2004) Dance with the Wolves (2004) The Same Star (2005) Dika Enerihya/Wild Energy (2006) Moon Of Dreams (2008)
Álbums Myt' Vesny - Dzvinkyj Viter (Мить весни. Дзвінкий вітер) (1998) Ostannye risdvo 90 (Останнє різдво 90-x) (1999) Naykrashche (Найкраще) (2001) Dobriy vechir, tobi ... (Добрий вечір, тобі ...) (2002) Dyki Tantsi (Дикі Танці) (2003) Diki Tantsi (Eurobonus) (2004) Wild Dances (2004) Wild Dances (New Year/Christmas Edition) (2005) Club'in (2005) Amazonka (2008)
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Ruslana RuslanaTube (YouTube)
Categoría:Cantantes de Ucraína Categoría:Representantes de Ucraína en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Nados en Lviv Categoría:Nados en 1973