Weneg (c. 2742 - 2735 adC) foi o cuarto faraón da segunda dinastía de Exipto (von Beckerath)

Estímase que é Tlas, mencionado por Manetón, segundo Xulio Africano, do que comenta reinou 17 anos. O Canon de Turín asígnalle 70 anos (2.23), aínda que está parcialmente destruído.

Consta o seu nome na Lista Real de Abidos e a Lista Real de Saqqara.

Tamén aparece o seu título nalgunhas vasillas achadas nos almacéns subterráneos da Pirámide de Zoser en Saqqara.

Predecesor: Ninetjer Faraón Segunda dinastía Sucesor: Sened

Categoría:Segunda dinastía de Exipto Categoría:Faraóns