Eduardo VII do Reino Unido (en inglés: Albert Edward), nado o 9 de novembro de 1841 e finado o 6 de maio de 1910, foi rei do Reino Unido, de 15 países da Commonwealth e Emperador da India. Fillo primoxénito da Raíña Vitoria, Eduardo VII foi o primeiro monarca británico da Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha, renomeada posteriormente como Casa de Windsor. Reinou do 22 de xaneiro de 1901 até a súa morte, o 6 de maio de 1910.esquerda|miniatura|140x140px|Eduardo VII no anverso dun soberano de 1907 (deseño: G. W. de Saulles)."1 Sovereign - Edward VII". Numista.comAntes da súa ascensión ao trono foi Príncipe de Gales e é coñecido por ser herdeiro do trono durante máis tempo que ninguén en toda a historia británica, con 59 anos, 2 meses e 13 días. Posteriormente, Carlos de Inglaterra logrou superar dita marca, pois ostenta o título dende o 26 de xullo de 1958.

O seu reinado viu o primeiro recoñecemento oficial do oficio de primeiro ministro. Converteuse no primeiro monarca británico en visitar Rusia (1908).

Foi sucedido polo seu fillo, Xurxo V do Reino Unido.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Medalla da coroación de Eduardo VII do Reino Unido

Categoría:Reis do Reino Unido Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Nados en Londres