Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e finado en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Traxectoria

Primeiros anos miniatura|esquerda|O pequeno Antón coa nai e os tíos. Naceu no lugar de Insuela, parroquia de Santiago de Loureiro, daquela Concello de Cotobade, o 28 de decembro de 1905. Foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro solteiro que emigrou a Niterói —daquela capital do Estado do Río de Xaneiro (Brasil)— pouco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, filla tamén dun canteiro, nada en Listanco (Armeses, Maside) en 1873, solteira.: Figuras homenaxeadas RAG. Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa. O pai volveu de América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo o 7 de agosto dese ano. En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar, desta volta todos xuntos, ó Brasil, e que Antón chegase a ser maquinista de tren, oficio que lle ía aprender un curmán do pai. Refusaron da idea pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, Augasantas, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio.

De 1919 a 1924 estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de, entre outros, Daniel Fraga Aguiar, Alfredo de la Iglesia, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e especialmente de Antón Losada Diéguez, que influíu nel e o converteu ao galeguismo. Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra, xunto con outros compañeiros de estudos entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír á luz. A súa primeira oratoria en público foi para presentar o agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.

A Universidade e o Seminario de Estudos Galegos miniatura|esquerda|Coa muller, unha cuñada e sobriñas. A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro ano foi a un preparatorio, onde tiñan tres catedráticos: Ciriaco Pérez Bustamante (Historia), Armando Cotarelo Valledor (Literatura) e Ramón Gallego García (Filosofía). En Santiago de Compostela viviu no número 24 da rúa do Hórreo. Animado por Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala, presididas por Vicente Risco, e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928 cun estudo sobre o castro de Soutolongo (Lalín), nas seccións de Xeografía (dirixida por Ramón Otero Pedrayo), Etnografía e Folclore (dirixida por Risco) e Prehistoria (dirixida por Florentino López Cuevillas). Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios permitiulle participar na catalogación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras do Concello de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografía galega, e participou na formación do Museo Etnográfico do Seminario instalado no Colexio de Fonseca. Licenciouse en 1928. En 1929 iniciouse na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.

Foi un dos primeiros en usar o galego na radio ó intervir varias veces na Radio Galega en 1932. O 16 de xullo dese mesmo ano casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu o primeiro e único número da La Voz de Cotobad baixo a súa dirección.

Represión franquista Foi presentado á alcaldía da Estrada en 1936, en contra do seu criterio, e participou nas campañas a favor do Estatuto de autonomía, ó ser secretario xeral do Partido Galeguista, e tralo Golpe de Estado do 18 de xullo sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo. Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa cáustica as pintadas a prol do Estatuto. Trasladouse a Santiago de Compostela, onde tivo que traballar no ensino privado, e xunto co crego Ramón Davila García crea a "Academia Menéndez y Pelayo" en 1938 no pazo de Amarante. Durante este tempo traballou na súa tese de doutoramento sobre o Colexio de Fonseca que defendeu en 1948 na Universidade de Madrid, acadando a cualificación de Sobresaínte. Finalmente, en 1950, aproba a oposición a catedrático de ensino secundario de Xeografía e Historia e é destinado a Lugo.

Rehabilitación docente e últimos anos miniatura|Traslado de Lugo a Santiago, 1959. O 6 de maio de 1950 foi nomeado catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo (actual IES Lucus Augusti) ata 1959, no que foi secretario e xefe de estudos, colaborando tamén co Museo Provincial e co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 pediu traslado a Santiago de Compostela, ó Instituto Nacional de Enseñanza Media Rosalía de Castro no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro), onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata a súa xubilación en 1975.

Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, constituído en 1944, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.

Tamén participou na fundación do Padroado Rosalía de Castro en 1947, integrando a súa xunta de goberno e sendo tesoureiro.

O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio de 1956 ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Otero Pedrayo.<ref name="DISCURSO">"As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade" con resposta de Otero Pedrayo.</ref> Durante uns meses de 1997 foi presidente en funcións da institución."Antonio Fraguas Fraguas: A figura" Museo do Pobo Galego.

En 1955 traballou na biblioteca da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego e do que el foi un dos fundadores. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente.

En 1969 organizou, en colaboración con Xoán Naya Pérez e Ricardo Carballo Calero, unha exposición sobre o traxe galego nos locais do Instituto Padre Sarmiento.

Outros cargos e actividades que desempeñou Fraguas ó longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega (1983), promotor, membro numerario e bibliotecario da Real Academia Galega de Ciencias, correspondente da Real Academia da Historia, a Associação dos Arqueólogos Portugueses e a Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. En 1992 o consello da Xunta de Galicia nomeouno Cronista Xeral de Galicia.Decreto 9/1992, polo que se nomea a Antonio Fraguas Fraguas cronista xeral de Galicia DOG n.º 19 de 29/1/1992. En 1994 dooulle ó museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20 000 volumes.

Finou por causa dunha doenza cardíaca no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999, ós 93 anos de idade. A capela ardente situouse no auditorio do Museo do Pobo Galego, antes de que o seu corpo pasase a repousar ó lado de Aurelio Aguirre e Ramón María del Valle-Inclán, e dende 2012 tamén a carón do seu amigo Isaac Díaz Pardo, no cemiterio de Boisaca.

Obra

Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte de Galicia. Fraguas escribiu varios libros, entradas da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas -especializados ou non-, colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega, recensións, conferencias, catálogos de exposicións, pregóns e programas de festa.

Publicou máis de 1.300 artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra, Logos, Lar, Vida Gallega, Dorna, Outeiro, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, O Correo Galego etc.

Obras individuais miniatura|200px|Historia del Colegio de Fonseca, 1956. miniatura|200px|Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985.

O culto ós mortos, 1931, Nós.Ficha do libro Geografía de Galicia, 1953, Porto y Cía editores.Geografía de Galicia imaxe da portada. As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade, discurso de ingreso na RAG, 8 de maio de 1956, A Coruña. Historia del Colegio de Fonseca, 1956, anexo XI de Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela, 1957, colección Temas españoles n.º 332, Ed. Publicaciones Españolas.Santiago de Compostela imaxe da portada. Reeditado de novo en 1993 polo Consorcio de Santiago, Santiago. Los colegiales de Fonseca, 1958, anexo XII de Cuadernos de Estudios Gallegos.Ficha libro La Galicia insólita, 1973, Librigal.Portada do libro Reeditado de novo en 2004 por Ediciós do Castro. Lugo, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1974, ISBN 84-400-7634-7. Manuel Murguía, 1979, Colección "Hombres que hicieron Galicia", Banco del Noroeste.Portada do libroÍndice do libro Manuel Murguía (1979) Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985, Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Ourense). ISBN 84-398-4218-X. El traje gallego, 1985, Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-24-6. Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra, 1986, Real Academia Galega, A Coruña.Ficha do libro na RAG Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Primera época, 1784-1813-1821, 1986, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Santiago. miniatura|200px|Romarías e santuarios, Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia. Cantigueiro de Cotobade, 1998, Cadernos do Seminario de Sargadelos Nº 78, Ediciós do Castro, Sada. ISBN 84-7492-881-8.Ficha do libro Reeditado en 1998.