miniatura|275px|Igrexa matriz de Adrano
Adrano (en ) é unha comuna da provincia de Catania, Sicilia, Italia. Ata 1929 chamada Aderno. Situada na aba do Etna, nas beiras do río Simeto a 584 metros sobre o nivel do mar. 34 290 habitantes.
Historia As abas do Etna estiveron habitadas dende o neolítico inferior, contra o século X a.C. comezan a se establecer colonias sículas, que comezan a decaer no século V a.c., a chegada dos gregos data do 400 a.C. cando Dionisio I de Siracusa, funda unha cidade preto do templo dedicado ao deus grego do lume, Hadrano para reforzar a hexemonía de Siracusa na zona. No 344 a. C. ten lugar a batalla de Adranon entre os Timoleonte de Corinto e Iceta de Leontinoi. A cidade foi sometida ao dominio romano no 263 a.C.. No 950 os árabes dominan a cidade durante a que se converte nunha poderosa cidade comercial, no 1075 os normandos fanse co control da cidade. Dende o século XIV pertence a Matteo Sclafani e despois á familia Moncada ata a abolición dos dereitos feudais. En 1693 a cidade sofre un gran terromoto que mata a moitos dos seus habitantes. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi bombardeada polos aliados.
Arquitectura
Il Castello, castelo normando fundado por Roxerio I Chiesa Madre, de feitura normanda, cruz latina e tres naves construída entre o XVI e o XX. Mosteiro de Santa Lucía, fundado en 1596, hoxe escola pública Igrexa de Santa Lucía reconstruída en 1775
Categoría:Cidades de Italia Categoría:Concellos da provincia de Catania