Non confundir con María Seoane Toimil (Silleda, 1952). María Seoane, nada en Buenos Aires o 25 de xaneiro de 1948 e finado na mesma cidade o 27 de decembro de 2023, foi unha xornalista e escritora arxentina.

Traxectoria Traballou como redactora de política nacional da revista El Periodista de Buenos Aires (1985-1989) e do Diario Sur entre 1989 e 1990. A partir de 1994 foi prosecretaria de redacción de política nacional do diario Clarín. Entre 1992-1994 foi redactora xefe da Sección Arxentina da revista Noticias. Desde 1998 dirixiu o suplemento Zona do diario Clarín. Tamén ten publicado colaboracións na revista Di de México, os diarios Uno más uno e El Universal de México e a revista Nova Sociedade de Turín (Italia).

Foi docente no mestrado de Xornalismo da cátedra de Investigación Xornalística da Universidade de San Andrés (Bos Aires), e a Universidade Columbia (Estados Unidos).

Foi consultora da OEA elaborando os informes sobre liberdade de expresión para a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH).

Ten publicado varios libros sobre temas políticos da historia arxentina.

Obtivo numerosos premios entre os que poden mencionarse o Premio Konex (1994), o Premio Internacional de Prensa Rei de España (1998), o premio Cortázar da Cámara Arxentina do Libro (2000), o Premio á Traxectoria da Fundación Henry Moore (2000), o Premio Rodolfo Walsh de Xornalismo, da Facultade de Xornalismo e Comunicación da Universidade Nacional da Prata (2002).

Publicacións La noche de los lápices (1986), Editorial Contrapunto, levado ao cine por Héctor Olivera Menem, la patria sociedad anónima (1990), Editorial Gente Sur Todo o nada. Biografía de Mario Roberto Santucho (1991), Editorial Planeta El burgués maldito. Biografía de José B. Gelbard (1998), Editorial Planeta El dictador. Biografía de J. R. Videla (Coautora) (2001), Editorial Sudamericana Argentina. El siglo del progreso y la oscuridad (2006), Editorial Planeta El enigma Perrotta, (2011), Sudamericana Entrevista y adelanto Bravas. Alicia Eguren de Cooke y Susana Pirí Lugones (2014), Sudamericana El nieto. La trágica y luminosa historia de Ignacio "Guido" Montoya Carlotto, con Roberto Caballero. (maio de 2015), Sudamericana

Cuadernos de Caras y Caretas La noche de los bastones largos (2006) La noche de la dictadura (2006) Evita, esa mujer (2007) Rodolfo Walsh, la palabra no se rinde (2007) La tragedia y la comedia en la Argentina (2008) El Cordobazo (2009)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xornalismo Ligazóns externas María Seoane, Premios Konex . Entrevista a María Seoane, 2006 .

Categoría:Xornalistas da Arxentina

Categoría:Escritores da Arxentina

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1948

Categoría:Finados en 2023