Zu Geng, nome de cortesía Jing Shuo (景烁)), nado en 450 e finado en 520, foi un matemático chinés.

Traxectoria Era fillo doutro famoso matemático chinés , Zu Chongzhi. Descubriu o "Principio de Zu Geng", que estabelece que "Os volumes de dous sólidos da mesma altura son iguais se as áreas das seccións planas a igual altura son tamén iguais". Isto é o mesmo que o Principio de Cavalieri, mais descuberto arredor de 1.100 anos antes.

Acredítase que inventou o tubo de visión para uso astronómico, que puideron utilizar Shen Kuo e Wei Pu no século XI.

Véxase tamén Outros artigos Shen Kuo Wei Pu

Zu Geng Categoría:Nados en 450 Categoría:Finados en 520