O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
Características Inicialmente foi unha medida de superficie, non métrica, á que co tempo se lle foi atribuíndo unha equivalencia co sistema métrico decimal e equiparando a outras medidas de volume e masa.
Superficie: segundo os lugares, oscila entre os catrocentos e os seiscentos metros cadrados, aínda que o seu valor pode ser moito máis variábel. Masa: medida para grans, legumes, sementes etc., de valor moi variábel segundo os lugares ou segundo o produto que se mida, que pode ir dos doce aos vinte quilogramos, e que corresponde habitualmente a dous tegos. Volume: medida para produtos agrarios que coincide coa medida dun caixón trapezoidal.
O valor do ferrado varía moito entre os distintos concellos de Galicia. Un ferrado galego equivale a un celemín de Castela, que abrangue 537 m2 de extensión.
miniatura|300px|Tegas de Castro Caldelas. A cantidade de centeo, millo ou trigo contida nun ferrado era o importe que pagaban os pais da Galicia rural por aprenderlle aos seus fillos a ler, escribir e contar nas chamadas, por esta causa, escolas de ferrado, comúns nas aldeas galegas ata os anos 50-60 do século pasado, cando se xeneralizou o ensino público e obrigatorio.
Cartografía metrolóxica
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Fonte.es". Acceso a unha calculadora que permite converter ferrados a metros cadrados ou hectáreas.
Categoría:Unidades de superficie Categoría:Unidades de volume Categoría:Unidades de masa Categoría:Unidades de medida históricas
ar:بوشل ca:Bushel ceb:Boisseau cs:Bušl de:Bushel en:Bushel eo:Buŝelo et:Buššel eu:Lakari fa:بوشل fi:Bushel fr:Boisseau he:בושל it:Bushel ja:ブッシェル nl:Bushel nn:Bushel nrm:Bouissé pl:Buszel pt:Celemim ru:Бушель simple:Bushel sk:Bušel sv:Skäppa uk:Бушель zh:蒲式耳