O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1802 - Créase a Casa da Moeda de Caracas. 1898 - O xeneral Emilio Aguinaldo declara as Filipinas independentes de España. 1964 - O goberno surafricano condena a Nelson Mandela a cadea perpetua pola súa loita contra o apartheid. 1968 - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aproba o Tratado sobre a non Proliferación de Armas Nucleares. 1985 - España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea (hoxe Unión Europea). 1990 - O Parlamento da Federación Rusa declara formalmente a súa soberanía.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Chick Corea. miniatura|100px|dereita|Rosario Álvarez Blanco 1832 - Eduardo Gasset Artime, político e xornalista galego (m. 1884). 1847 - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (m. 1876). 1887 - Julius Pokorny, estudoso das linguas celtas (m. 1970). 1897 - Anthony Eden, primeiro ministro británico (m. 1977) 1899 - Fritz Albert Lipmann, bioquímico norteamericano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1986) 1909 - Aquilino Iglesia Alvariño, escritor galego (m. 1961). 1921 - Luis García Berlanga, director e guionista de cinema español (m. 2010) 1924 - George Herbert Walker Bush expresidente de Estados Unidos e pai do tamén expresidente estadounidense George W. Bush 1929 - Anne Frank, vítima do Holocausto, famosa polo seu diario. 1941 - Chick Corea, músico norteamericano. 1942 - Bert Sakmann, fisiólogo alemán, Premio Nobel. 1946 - Konstantin Lopushansky, director de cine ucraíno. 1951 - Andranik Margaryan, primeiro ministro de Armenia (m. 2007). 1952 - Rosario Álvarez Blanco, filóloga galega.

Mortes miniatura|100px|dereita|Frédéric Passy. 1152 - Henrique de Escocia, príncipe de Escocia (n. 1114). 1876 - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (n. 1847). 1911 - Emilio Álvarez Giménez, escritor e político galego (n. 1847). 1912 - Frédéric Passy, economista francés, Premio Nobel da Paz (n. 1822). 1918 - Emilio Tapia Rivas, xornalista e político galego (n. 1862). 1948 - Celia Brañas Fernández, científica galega (n. 1880). 1962 - Benigno Varela Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1872). 1971 - Julio Dávila Díaz, historiador, xeógrafo e escritor galego (n. 1871). 1982 - Karl von Frisch, zoólogo alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1886). 2003 - Gregory Peck, actor norteamericano (n. 1916). 2012 - Pahiño, futbolista galego (n. 1923). 2018 - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego (n. 1936).

Festas e celebracións Día Mundial Contra o Traballo Infantil No Brasil é o Día dos namorados En Filipinas é o Día da Independencia (Araw ng Kalayaan)

Outros Santoral: San Gaspar de Búfalo (presbítero)

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Xuño