María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979, é unha escritora e actriz galega.
Traxectoria miniatura|dereita|María Lado na obra de teatro Oeste solitario. dereita|miniatura dereita|miniatura|María Lado e Lucía Aldao no Liceo Mutante. É titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. En 2005 xuntouse coa tamén poetisa Lucía Aldao para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á Lucía Aldao co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)La Voz de Galicia, de 31-3-2015.La Opinión , de 11-4-2015..
Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos.
Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación.
Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.
En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con Lucía Aldao e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.
Obra en galego Poesía A primera visión (1997, Letras de Cal). casa atlántica, casa cabaret (2001, Xerais). Berlín (2005). Poesía. Incluída na colección Poeta en Compostela que promoveu o Concello de Santiago de Compostela e El Correo Gallego. Genoveva (2007). Poesía. Colaboración no libro-disco colectivo Sempre mar. Cultura contra a burla negra (2003). Nove (2008, Edicións Fervenza). Amantes (2011, A. C. Caldeirón). oso, mamá, si? (2015, Xerais). Gramo Stendhal (2020). Apiario. 48 páxs.
Con Lucía Aldao (Aldaolado):
Ninguén morreu de ler poesía (2020). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-642-1. ePub, ISBN 978-84-9121-640-7.
Literatura infanto-xuvenil Porque Cuqui non quere ir á lavadora. Conto moi importante para lerlles aos maiores antes de durmir (Apiario, 2014). Rosalía de Castro (Urco Editora, 2016). Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras (2025). Vigo: Xerais, Col. Merlín. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-619-1. ePub: ISBN 978-84-1110-623-8. Narrativa
Entre os dous hai un río - Calvario/Lavadores (Editorial Elvira, 2016). Traducións Cando escoito o teu corazón, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008). Historia dun compás, de Mónica Gozalbo Felip (Edicións do Cumio, 2008). Quen son eu?, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008). Soñei que era unha árbore, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008). Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008). Un descenso ao Maelström. Sombra, de Edgar Allan Poe (Edicións do Cumio, 2009). Con Susana Rodríguez Barcia. Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (Edicións do Cumio, 2010). De acuarelas por Santiago, de Eduardo Baamonde (Edicións do Cumio, 2010).
Obras colectivas Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997). Poesía. dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999). Poesía. O entrelazo das palabras (1999). Poesía. Narradoras. (Xerais, 2000). Narrativa. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. (2003). Poesía. Genoveva, en Sempre Mar. (A. C. Benito Soto, 2003). Poesía. XVIII Festival da Poesia do Condado. (S. C. D. Condado, 2004). Poesía Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). Poesía. Por man propia (Bourel, 2005). Poesía. Poética da casa (Xunta de Galicia, 2006). Poesía. Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006). Poesía. Para chegar a Palmira. Feito para Tecendo o libro da mamoria, documental realizado por María Reimóndez. (2007). Poesía. Letras novas (AELG, 2008). Poesía. De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009). Poesía. To The Winds Our Sails (Salmon Poetry, Dublín, 2010). Poesía. Tradución do galego ao inglés. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011). Poesía. As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012). Poesía. A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012). Poesía. Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015). Poesía. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora. Narrativa. Anatomía dunha serea, 2018, Redenasa.tv. Teatro. Caramomia (2023). Vigo: Xerais. Con Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hematocrítico. Ilustrador/a: Martín Romero.
Premios Premio de Poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2007, por Nove. Gañadora do Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2010, por Amantes. Premio de poesía na I Gala do Libro Galego en 2016, por oso, mamá, si?. 2019: Premio María Casares ao mellor texto orixinal por Anatomía dunha serea
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. María Lado en Antología de Joven Poesía Gallega Blog da autora Perfil en As escollas electivas Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de literatura erótica