Un modelo científico pódese considerar como unha forma de simplificar os comportamentos que se están a dar constantemente na natureza. Neste modelo búscase principalmente unha hipótese que dea resposta a un fenómeno ou comportamento presente na natureza. Para poder chegar ao final do estudo e conseguir un modelo científico, os científicos acostuman a empregar o "método hipotético-dedutivo".

Principios históricos A idea de modelo científico xurdiu xa na Idade Moderna (a partir do século XVI) da man do chamado método científico. O modelo científico xorde nesta época como unha forma de intentar dar explicacións do que pasaba na natureza e dar resposta a todos aqueles fenómenos que acontecían nela. Na ciencia o modelo científico é unha idealización do fenómeno estudado.

Moitos foron os creadores de modelos científicos ao longo de séculos, pero cabe destacar a Galileo no XVI, Newton no XVIII e Einstein no XX.

Tipos de modelos científicos Modelos físicos: son utilizados no campo da física; polo tanto son simplificacións matemáticas da realidade. Modelos matemáticos: son utilizados no campo das matemáticas; polo tanto son simplificacións matemáticas. Poden dividirse en seis, que son: Modelos de simulación conceptual Modelos de simulación estocásticos Modelos optimizantes Modelos númericos Modelos analóxicos Modelos conceptuais: son utilizados nun amplo campo de estudos. Exemplos destes son: O modelo atómico de Bohr

Véxase tamén Outros artigos Método científico

Categoría:Filosofía da ciencia

it:Teoria#Modelli