Omega é un disco do cantaor granadino Enrique Morente, publicado en 1995. É a visión do cantaor sobre a obra Poeta en Nueva York do tamén granadino Federico García Lorca, e inclúe versións de cancións de Leonard Cohen.
Está considerado un dos discos máis arriscados da súa carreira, e ten importantes nomes do flamenco, así como coa colaboración do grupo granadino de metal Lagartija Nick.
Cancións "Omega" (10´48). Conta cun extracto do poema "Cuna y panorama de los insectos (poema del amor)" de García Lorca e con varias estrofas populares. Tocan Miguel Ángel Cortés (guitarra flamenca), Antonio Carbonell e El Negri (coros e palmas), e Antonio Chacón, Manuel Torres, Manuel Vallejo, La Niña de los Peines e Manolo Caracol (samplers). "Pequeno Vals Vienés" (5´33). Versión de "Take this Waltz" de Leonard Cohen, con letra de García Lorca. Tocan Javier Losada (contrabaixo), El Bandolero (caixón flamenco) e José Antonio Galio (percusión). "Solo del pastor bobo" (3´42). A letra é un poema da obra de teatro El público. Tocan El Paquete e Juan Antonio Salazar (guitarras). "Manhattan (First we take Manhattan)" (4´44) é unha versión dun tema orixinal de Leonard Cohen. Colabora a súa filla Estrella Morente (voz e palmas) e Cañizares (guitarra). "La aurora de Nueva York" (4´59). Musicada por Vicente Amigo (guitarra). Antonio Carbonell e El Negri dan palmas. "Sacerdotes (Priest)" (4´07) é unha versión dun tema orixinal de Leonard Cohen. Tocan Tomatito e Montoyita (guitarras) e Tino di Geraldo (caixón). "Niña ahogada en el Pozo" (3´45) ten a Cañizares á guitarra e Antonio Carbonell e El Negri ás palmas. "Adán" (4´14). Guitarra de Isidro Muñoz. "Vuelta de paseo" (5´08). Guitarra de Cañizares e coros de Antonio Arias. "Vals en las ramas" (4´01). Guitarra de Isidro Muñoz e percusión de Tino di Geraldo. "Aleluya (Hallelujah nº 2)" (6´24) é unha versión dun tema orixinal de Leonard Cohen. Conta coa guitarra de Vicente Amigo, caixón de Tino di Geraldo e coros de Las Negris. "Norma y paraiso de los negros" (4´34). Letra extraída do poema "Norma y paraiso de los negros". "Ciudad sin sueño" (5´46)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo de "Ciudad sin sueño"
Categoría:Álbums de Enrique Morente Categoría:Álbums musicais de 1996