Vilnius No exemplo: "Vilnius é a capital lituana." (en polaco Wilno, en belaruso Vilnia) é a capital e cidade maior de Lituania cunha poboación de 553.904 habitantes, situada na provincia de Vilnius. A súa cidade vella foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. En 2009 foi a Capital Europea da Cultura xunto coa cidade austríaca de Linz.

Xeografía Vilnius está situada nun val formado polo río Viliya e rodeado case completamente por montañas. A cidade atópase a 105 km a SE. de Kaunas.

Poboación A poboación de Vilnius está composta por: 52,8% lituanos, 19,8% polacos, 19,2% rusos, 4,8% belarusos e 3,3% outras nacionalidades.

Economía Vilnius é o principal centro económico de Lituania e un dos maiores centros financeiros dos Estados Bálticos. Aínda que a cidade só ten un 15% da poboación do país, Vilnius produce preto do 35% do PIB. Conforme mostran os estudos (o PIB da capital baseado na paridade do poder adquisitivo) en 2005 o PIB per cápita foi de US$ 33.100 US$, superior á media da Unión Europea.

Vilnius é tamén o maior centro administrativo de Lituania con tódolos principais centros políticos, económicos, sociais, e culturais do país.

Deporte FK Žalgiris FK Riteriai LFF stadionas

Personaxes egrexios Bohdan Paczyński, astrónomo e astrofísico lituano-polaco (1940 – 2007) Romain Gary, escritor e diplomático nacionalizado francés (1914 – 1980) Jevel Katz, famoso comediante e cantante da comunidade xudía na Arxentina na década de 1930 (1902 – 1940)

Cidades irmandadas Aalborg, Dinamarca Budapest, Hungría Chicago, Estados Unidos Duisburgo, Alemaña Erfurt, Alemaña Joensuu, Finlandia Kíiv, Ucraína Cracovia, Polonia Łódź, Polonia Madison, Estados Unidos Oslo, Noruega Pavia, Italia O Pireo, Grecia Salzburgo, Austria Taipei, Taiwán Varsovia, Polonia

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Centro histórico de Vilnius

Ligazóns externas Vilnius Jewish Partisan Group Near Vilna Kurzbiographien Partisan Rachel Rudnitzky After Liberation Partisans in Vilna Partisans of Vilna Vilna Partisans

Categoría:Capitais de Europa Categoría:Cidades de Lituania Categoría:Capitais europeas da cultura Categoría:Capitais da Unión Europea