miniatura|350px|Euribor miniatura|150px|Evolución do euríbor a un ano entre os anos 1998 e 2006miniatura|150px|Detalle da evolución do euríbor a un ano entre os anos 2001 e 2006

Euríbor (acrónimo de European Interbank Offered Rate, en galego tipo europeo de oferta interbancaria) é un índice de referencia publicado diariamente que indica o tipo de xuro medio ao que as entidades financeiras se ofrecen a prestar diñeiro no mercado interbancario do euro (é dicir, a outros bancos).

Este índice é calculado pola Federación Bancaria Europea e efectúase cos datos das 24 principais entidades bancarias da zona euro. Consiste no tipo de xuro medio de contado para as operacións de depósito de euros a prazo.

Este tipo de xuro aplícase ás operacións entre bancos de Europa partindo dos prezos de oferta dos préstamos que se fan entre si os 64 principais bancos europeos; isto significa que é a porcentaxe que paga como taxa un banco cando outro lle deixa diñeiro.

Realmente o euríbor non é un só tipo, senón un conxunto deles. As entidades financeiras usan diferentes tipos de xuro segundo o prazo ao que se prestan diñeiro. Polo tanto pódese falar de euríbor a unha, dúas ou tres semanas e a entre un e doce meses. A media mensual do euríbor a un ano é a que se usa normalmente como referencia para as hipotecas. Tamén existe o tipo de xuro a un día que se denomina Eonia.

O seu valor actualízase diariamente e é publicado pola axencia Reuters. A media mensual publícase en España no BOE.

É un índice moi importante do mercado financeiro, xa que afecta, entre outras cousas, aos préstamos bancarios.

O euríbor soamente se aplica nos bancos dos Estados membros da Unión Europea que forman parte da Eurozona. Os tipos de referencia locais, como por exemplo o Pibor de París ou o Fibor de Frankfurt, xuntáronse ao euríbor o 1 de xaneiro de 1999. No caso de España, o euríbor substituíu o Mibor a raíz do traspaso de competencias do Banco de España ao Banco Central Europeo.

Proceso de cálculo do euríbor O cálculo e publicación do valor do euríbor realizase tódolos días laborables pola axencia Reuters, de acordo ao seguinte proceso:

Diariamente solicítase a cada banco de referencia que envíe os seus tipos de xuro actuais non máis tarde das 10:45 a.m.. Para iso, Reuters xera no seu sistema unha páxina privada que soamente pode visitar o banco e o persoal encargado de realizar o cálculo. De 10:45 a.m. a 11:00 a.m. (CET) os bancos teñen oportunidade de corrixir as súas contribucións se fose necesario. Ás 11:00 a.m. (CET), Reuters realiza o cálculo do novo valor do euríbor, para o cal elimina o 15% máis alto e o 15% máis baixo dos tipos de xuro recolectados e realiza a media aritmética do resto de valores. O resultado redondease ao número de 3 decimais máis próximo ao valor da media. Tralo cálculo, Reuters publica instantaneamente o tipo de referencia euríbor nas páxinas 248-249 do seu sistema Telerate, que están dispoñibles para tódolos seus subscritores e axencias de información. Ao mesmo tempo publícanse os tipos de xuro empregados no cálculo, co fin de conservar a transparencia do proceso.

O histórico de datos do euríbor pode conseguirse nas páxinas 47860-47866 (EURIBORRECAP01/EURIBORRECAP08) do sistema Reuters por un período dun mes, ou consultarse na páxina do euríbor.

Véxase tamén Outros artigos Hipoteca Euro Banco Central Europeo Sistema Europeo de Bancos Centrais Ligazóns externas Páxina do euríbor

Categoría:Índices bolsistas