Evaristo Caramés Medín, nado en Ferrol en 1953, é un fotógrafo galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Estudio de Vari Caramés na rúa das Ferrarías da Coruña. Nado en Ferrol e asentado na Coruña, comezou a fotografar con quine anos, cando o seu pai lle regalou unha cámara VoigtlanderVari Caramés y el efecto Tuymans , por Cristina Anglada A súa primeira exposición foi na Coruña en 1980, cidade onde ao longo da súa carreira expón reiteradamente. En 1986 foi invitado a participar no proxecto vigovisión, da II Edición da Fotobienal, certame hoxe con fama internacional, no que seis fotógrafos de diferentes países debían retratar Vigo durante unha semana. Colectivamente expuxo en diferentes cidades de Galiza, así como en Madrid, Santander, Lisboa, Braga, Córdoba e Quimper (Francia).
Estilo Na súa obra hai unha nostalxia acusada, desde a deliberada intemporalidade que imprimen as súas imaxes, nas que o plástico imponse ao testemuñal, aínda que, ao fin rematan sendo emotivos documentos definidores dun lugar, un ambiente, unha situación. Interésalle máis o pormenor, o miúdo, que a totalidade.
Bibliografía Álbum Vari Caramés. Vigo. Centro de Estudos Fotográficos, 1989. Vigovisións. 2ª Fotobienal. Vigo, 1986. Portafolio. Colección de traballos en diversas publicacións. A Coruña, 1990. VV.AA.: Vari Caramés "Visión Animal" . Compostela, Xunta de Galicia, 1996 (con ampla referencia bio- bibliográfica).
Vida persoal É pai da crítica de arte e xestora cultural Ánxela Caramés.Ánxela, 1998
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas varicarames.com
Galería de imaxes e texto do fotógrafo , escrito a raíz da súa inclusión na Galería cefvigo. Reportaxe sobre a súa exposición Recreo (vídeo)
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes