Unha fosa abisal ou fosa submarina é unha depresión longa, profunda e estreita no fondo oceánico. Caracterízase pola falta de luz e correspóndese con profundidades superiores ós 2.000 ou 6.000 metros, chegando ata os 11.000 metros. A súa fauna ten que soportar as presións inmensas das profundidades do océano. Estas rexións caracterízanse tamén polo frío continuo e a escaseza de alimentos.
Principais fosas submarinas Fosa oceánica Localización Profundidade (m) Fosa Challenger ou das Marianas Pacífico (S Illas Marianas) 11.033 Fosa de Tonga Pacífico (NE Nova Zelandia) 10.822 Fosa do XapónPacífico (leste do Xapón)10.554 Fosa das Kuriles o de KamchatkaPacífico (S Illas Kuriles)10.542 Fosa de MindanaoPacífico (E Illas Filipinas)10.497Fosa de KermadecPacífico (NE Nova Zelandia)10.047 Fosa de Porto RicoAtlántico (E Porto Rico)9.200 Fosa de BougainvillePacífico (E Nova Guinea)9.140 Fosa das Sandwich do SurAtlántico (E Illas Sandwich)8.428 Fosa do Perú-Chile ou Fosa de AtacamaPacífico (O do Perú e Chile)8.065 Fosa das AleutianasPacífico (S Illas Aleutianas)7.822 Fosa das CaimánMar Caribe (S Cuba)7.680 Fosa de XavaÍndico (S Illa de Xava)7.450 Fosa de Cabo VerdeAtlántico (O Illas Cabo Verde)7.292
Categoría:Xeoloxía