Xaquín Chaves López, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) o 16 de xaneiro de 1959Ficha do artista na web da BNE., é un pintor, escultor, debuxante e poeta galego. A súa obra ten un temperamento intimista, eminentemente lírico, cunha sensibilidade extrema na súa aparencia física.

Traxectoria A súa primeira aparición data de 1987, en mostras colectivas en Vilagarcía de Arousa. Desde entón a súa presenza en exposicións galegas é constante, desde Novos Valores, da Bienal de Pontevedra, ata os certames de Unión Fenosa, tan selectivos. A primeira exposición individual realízaa en Marín e levou a cabo outras, non moitas, en diferentes cidades de Galiza.

Nun principio hai na súa pintura referencias formais aínda que moi decantadas. Logo, derivou ao informalismo puro, cunha das paletas máis ricas e expresivas da pintura galega contemporánea. Ás veces, achégase aos compoñentes do grupo El Paso e ata cabe emparentalo coa época "numista" de Benjamín Palencia, que inflúe en artistas que conseguen as expresións máis puras da abstracción. De calquera forma, os nomes que constituirán os mellores antecedentes de Chaves son Guerrero e un momento concreto de Guinovart.

Todas as gamas son posibles na súa paleta, desde os rosas e ocres, a verdes e azuis, con amarelos e brancos. É unhas pura sinfonía cromática de trazos, xeometrías insinuadas, formas que se adiviñan invitando á reflexión. Os títulos dos cadros de Chaves son, en series que alcanzan decenas, sinxelamente "Capricho", e nas que se atopan desde unha critalografía soñada ata unha paisaxe que cremos poder identificar, e, con todo, é imposible. O mar é unha referencia constante, aínda que tan contemplado coa mirada da alma como polos ollos do rostro, porque para Chaves como aseguraba Leonardo da Vinci, "a pintura é cousa mental". miniatura|dereita|Galicianos (2011). Paseo marítimo de Catoira. Obra Pública Rosa do mar (2008) Punta do peirao de Ferrazo, Vilagarcía de Arousa. Galicianos (2011) Paseo marítimo, Catoira. Contrapunto (2011) Parque da Fonte Gaiteira, Catoira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Castro, X. A.: Xaquín Chaves. Compostela, Xunta de Galicia, 1992. Pereiro Alonso, Román: Chaves. Vigo, Galería Severo Pardo, 1994.

Ligazóns externas

Bibliografía en PintoresGallegos.com .

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1959