O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, na sexta posiciónEstatísticas da Unesco (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura), que revela a existencia de 6,7 mil linguas vivas no mundo. Segundo a institución, o portugués está atrás do mandarín, hindi, español e inglés. en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a segunda lingua con maior número de falantes en Suramérica (máis de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en varias rexións de África.

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macau, e co tetum en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se estabelecer polo tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmenteEstatuto de Galiza como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.

Historia

O portugués desenvolveuse na parte occidental da Península Ibérica do latín falado, que levaron ata alí os soldados e colonos romanos desde o século III a. C.. A lingua iniciou a diferenciarse do latín despois da caída do Imperio Romano e das invasións bárbaras no século V. Comezou a ser usada en documentos escritos polo século XII, e no século XV comezou a diferenciarse claramente das falas do norte.

Chegando á Península Ibérica en 218 a. C., os romanos trouxeron con eles a lingua latina popular, o latín vulgar, da que todas as linguas románicas (tamén coñecidas como "linguas neolatinas") descenden. Xa no século II a. C. o sur da Lusitania estaba romanizado. Estrabón, xeógrafo da Grecia antiga, comenta nun dos libros da súa obra Geographia: "Eles adoptaran os costumes romanos, e xa non se lembran da propia lingua." A lingua tornouse popular coa chegada dos soldados, colonos e mercadores romanos, que construíron cidades romanas normalmente preto de antigos poboados doutras civilizacións.

Entre o 409 d. C. (unha vez o Imperio Romano entraba en colapso) e o 711, a Península Ibérica foi invadida por pobos de orixe xermánica, coñecidos polos romanos como bárbaros. Os bárbaros (principalmente os suevos e os visigodos) absorberon en grande escala a cultura e a lingua da península; contodo, desde que as escolas e a administración romana pecharon, a Europa entrou na Idade das Tebras e as comunidades ficaron illadas, o latín popular comezou a evolucionar de forma diferenciada e a uniformidade da península rompeuse, levando á formación dun "romance lusitano". Desde 711, coa invasión islámica da península, o árabe tornouse a lingua de administración das áreas conquistadas. Contodo, a poboación continuou a usar as súas falas románicas de tal forma que cando os árabes foran expulsos, a influencia que exerceran na lingua foi pequena. O seu efecto principal foi no léxico.

miniatura|upright=1.5|Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o portugués.|centro

Poesía medievalgalego-portuguesaDas que vejonon desejooutra senhor se vós non,e desejotan sobejo,mataria um leon,senhor do meu coraçon:fin roseta,bela sobre toda fror,fin roseta,non me metaen tal coita voss'amor!João de Lobeira(1270?–1330?)

Portugal tornouse independente en 1143 co rei D. Afonso Henriques. No primeiro período do "portugués arcaico" - período galego-portugués (do século XII ao século XIV), a lingua comezou a ser usada de forma mais xeneralizada, despois de ter gaño popularidade na Península Ibérica cristianizada como unha lingua de poesía. En 1290, o rei D. Dinis cria a primeira universidade portuguesa en Lisboa (o Estudo Xeral) e decretou que o portugués, até entón apenas coñecido como "lingua vulgar", pasase a ser coñecido como Lingua Portuguesa e oficialmente usado.

No segundo período do portugués arcaico, entre os séculos XIV e XVI, coas descubertas portuguesas, a lingua portuguesa espallouse por moitas rexións da Asia, de África e das Américas. Hoxe en día, a maioría dos falantes do portugués encóntranse no Brasil, na América do Sur. No século XVI tórnase a lingua franca da Asia e África, usado non só pola administración colonial e polos mercadores, mais tamén para comunicación entre os responsábeis locais e europeos de todas as nacionalidades. A irradiación da lingua foi axudada por casamentos mixtos entre portugueses e as poboacións locais e a súa asociación cos esforzos misionarios católicos levou a que fose chamada cristián en moitos sitios da Asia. O Vocabvlario da Lingoa de Iapam (1603) foi un produto da actividade misionaria Xesuíta no Xapón. A lingua continuou tendo popularidade no suroeste asiático ata o século XIX.

Algunhas comunidades cristiás falantes de portugués na India, Sri Lanka, Malaisia e Indonesia preservaron a súa lingua mesmo despois de separarse de Portugal. A lingua modificouse bastante nestas comunidades e evolucionou ata converterse en distintos crioulos de base portuguesa, algúns dos cales aínda teñen vitalidade. Tamén existe un número bastante considerábel de palabras de orixe portuguesa no tetum. Palabras de orixe portuguesa entraron no léxico de varias outras linguas, como o xaponés, o suahili, o indonesio e o malaio.

O fin do "portugués arcaico" é marcado pola publicación do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende en 1516. O período do "portugués moderno" (do século XVI ata o presente) tivo un aumento do número de palabras orixinarias do latín e do grego clásicos, emprestadas ao portugués durante o Renacemento, aumentando a complexidade da lingua.

Clasificación e linguas relacionadas Indoeuropeo - Itálico - Románico - Italo-Occidental - Galo-Ibérico - Ibero-Románica - Ibero-Occidental - Galaico-portugués

A lingua portuguesa é ortograficamente parecida en moitos aspectos á lingua castelá, mais é diferente na fonoloxía. Un falante dunha das linguas require algunha práctica para entender a un falante da outra. É unha lingua moi próxima ao galego, e hai quen considera que galego e portugués son o mesmo idioma. Realmente, a morfoloxía e a sintaxe do galego e portugués son moi semellantes, e onde hai as diferenzas máis notábeis é na fonética e no vocabulario. Compare por exemplo:

Ela fecha sempre a janela antes de jantar. (portugués)

Ela pecha sempre a xanela antes de cear. (galego)

Ella cierra siempre la ventana antes de cenar. (castelán)

Ou tamén:

Ela encerra sempre a janela antes de cear. (portugués pouco común)

Ela fecha sempre a xanela antes de cear. (galego coa forma fechar típica da área bracarense)

Nótese tamén que a palabra cear en portugués está limitada actualmente no seu uso a comida lixeira posterior ao jantar portugués (equivalente á cea galega). Isto é, en galego xantar fai referencia á comida do mediodía. En portugués é a comida da noite. miniatura|Memórias de um pequeno camponês (1977). Editora Forja, Lisboa (detalle da cuberta). Tradución ao portugués das Memorias dun neno labrego de Pepe Neira. Por exemplo hai cousas moi parecidas en contraste coas diferenzas que tamén hai: (téñase en conta que o "ñ" ten o mesmo son que o "nh" e o "ll" ten o mesmo son que a "lh". Aínda que na actualidade o fonema ʎ. que é representado por ll en galego ou lh xa se perdeu por causa do yeísmo castelán).

Galego: ANDORIÑA = Chega a Galicia en grandes bandadas todas as primaveras procedente de África, a onde volta no outono fuxindo do frío. É fácil de identificar polas súas cores: azul escura a parte superior do corpo, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas. Tamén é característico o seu longo rabo rematado en dúas puntas afiadas. É difícil vela pousada na terra, normalmente voa a rentes do chan a gran velocidade para pillar insectos. Fai o niño na parte superior das paredes, xunto ás madeiras do teito, con pallas e herbas mesturadas con lama deixando un oco pola parte superior.

Portugués: ANDORINHA = Chega à Galiza em grandes bandos todas as primaveras procedente de África, aonde volta no outono fugindo do frio. É fácil de identificar pelas suas cores: azul-escura a parte superior do corpo, a inferior branca e a testa e a garganta vermelhas. Também é caraterístico o seu longo rabo rematado em duas pontas afiadas. É difícil vê-la pousada na terra, normalmente voa rente ao chão a grande velocidade para pilhar insetos. Faz o ninho na parte superior das paredes, junto às madeiras do teto, com palhas e ervas misturadas com lama deixando un oco pela parte superior.

Nalgúns lugares, o portugués e o castelán son falados en conxunto. Os falantes de portugués len e entenden castelán con algunha facilidade, en canto que españois son quen de ler portugués, mais moitas veces incapaces de percibir a lingua falada (agás a maioría dos galegos). Isto leva a que algúns estranxeiros en Portugal e no Brasil tenten comunicarse en castelán, o que fai que as poboacións locais se sintan ofendidas. O portugués está, naturalmente, relacionado co catalán, o italiano e todas as outras linguas latinas. Os falantes doutras linguas latinas é posíbel que achen peculiar a conxugación do infinitivo (o infinitivo conxugado).

Distribución xeográfica

miniatura|upright=2|Extensión da lingua portuguesa no mundo.|alt= O portugués é primeira lingua en Angola, Brasil, Portugal, San Tomé e Príncipe e é a lingua máis usada en Mozambique.

A lingua portuguesa é tamén unha das linguas oficiais de Timor-Leste (co tetum) e Macau (co chinés). É bastante falado, mais non oficial, en Andorra, Luxemburgo, Namibia e Paraguai. Crioulos portugueses son a lingua materna da poboación de Cabo Verde e de parte substancial dos guineenses e santomenses.

O portugués é falado por aproximadamente 200 millóns de persoas en América do Sur, 30 millóns de africanos, 15 millóns de europeos, 5 millóns en América do Norte e 0,33 millóns en Asia.

Oficialidade O portugués é a lingua oficial de Angola, Brasil, Portugal, San Tomé e Príncipe, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau e Timor Leste. É tamén unha das linguas oficiais de Guinea Ecuatorial (xunto ao francés e o castelán) e de Macau (xunto ao cantonés).

A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) é unha organización internacional que consta dos oito países independentes que teñen o portugués como lingua oficial. O portugués é tamén unha lingua oficial da Unión Europea, Mercosul e unha das linguas de traballo e oficiais da Unión Africana. A lingua portuguesa ten gañado popularidade como lingua de estudo en África, América do Sur e Asia. PaísPoboaciónPoboación falantede portugués208 385 000198 700 00028 770 00020 426 70027 136 00012 600 00010 262 00010 262 0001 664 0001 460 253500 585450 5261 062 777339 541193 413183 7421 772 27521 000 ()566 37517 740

Padróns O portugués ten dúas variedades escritas (padróns ou estándares) recoñecidas internacionalmente: Portugués europeo e africano Portugués do Brasil