Istanbul é unha cidade situada na encrucillada de dous continentes, capital do Imperio Romano de Oriente, de Bizancio, capital do Imperio Otomán, e ponte entre dúas culturas. Na historia desta cidade entrecrúzanse as civilizacións e relixións e mestúranse feitos moi diversos que amosan a importancia deste enclave urbano ao longo da historia.
miniatura|Istanbul en tempos do Imperio Bizantino
Situación xeográfica
Quizais o lugar onde se asenta Istanbul sexa o máis privilexiado da historia tal como ten pasado ata a época contemporánea. É un punto crucial: a divisoria natural entre Europa e Asia, oriente e occidente, que ademais é o lugar de paso entre o norte e o sur, o Mar Negro e o Mediterráneo. Era case obrigado que aquí existise sempre unha cidade importante.
miniatura|center|790px|Corno de Ouro en primeiro termo; Mar de Mármara ao fondo; entrambos a punta onde se asentou Bizancio; á esquerda discorre o Bósforo, perdéndose ao norte cara ao mar Negro; na outra beira, Asia.
De certo hai restos de poboamento tan antigos coma o home en ambas as dúas beiras do estreito do Bósforo. Ademais, á encrucillada vénse sumar o chamado Corno de Ouro, unha enseada, magnífico porto natural, entrada de auga na parte europea dende o Bósforo, que deixa unha península dominando o acceso a aquel dende o Mar de Mármara polo sur. De feito, no lugar existía dende o século XIII aC un asentamento tracio, Ligos.
Bizancio
miniatura|dereita|200px|Bizancio en cor máis escura
Esa excelente situación non foi aproveitada polos colonos de Megara ao fundar a súa primeira colonia, Calcedonia, na beira oposta. Mais no 667 a.C. o seu rei Byzas non dubidou en fundar Bizancio na cima do extremo da península.
Arrodeada dunha muralla dun quilómetro, viña a coincidir en extensión aproximadamente coa do actual Pazo de Topkapi. Dominando a cidade, a tradicional acrópole cos templos, sendo Hera a deusa tutelar, e abaixo o porto, na recollida entrada do Corno de Ouro.
O enclave converteuse pronto nun posto comercial estratéxico e por iso ambicionado por calquera que fose a potencia dominante da rexión durante os seguintes seis séculos: persas, atenienses, espartanos, xonios, macedonios, gálatas e tracios disputáronse a súa vasalaxe.
Os romanos fixérona cidade do seu imperio a partir do 100 aC e volveu a florecer no tempo dos antoninos (século II d.C.). Porén, no ano 196 a cidade coas súas murallas foi destruída por Septimio Severo en represalia por dar refuxio aos partidarios do seu rival.
De seguido deuse conta da importancia do lugar e mandou reconstruíla engrandecéndoa (dobre superficie dentro de novas murallas) e embelecéndoa con novas construcións (deu inicio ao hipódromo). A cidade recibiu o nome de Augusta Antonina. Prosperou de novo; contaba con teatro e anfiteatro baixo a acrópole fortificada cara ao estreito; un stadion ou circo (kynegion) ao norte cara ao Corno onde tamén estaba o strategion ou campo militar xunto a muralla á altura da actual ponte. Asemade tiña un ágora (Tetrastoon, catro stoas) entre a acrópole e o hipódromo, onde tamén se situaban as chamadas Termas de Zeuxipo, o único que subsiste hoxe en día.
Nova Roma: Constantinopla
miniatura|dereita|250px|Hagia Sofía No 324, a guerra civil entre Licinio e Constantino rematou coa derrota do primeiro e unha nova destrución das murallas da cidade. Constantino I o Grande investiuse coma único emperador e viuse na necesidade de resituar a capitalidade do Imperio (Roma estaba moi lonxe de oriente, chea de epidemias e intrigas). Bizancio era a mellor localización. Por outra banda, é preciso ter en conta que dende o Edicto de Milán no 313, o cristianismo era relixión oficial no imperio.
O plan da nova cidade (330 d.C.), que chamou Nova Roma, superpúñase á de Septimio Severo no seu centro representativo, o remate do HipódromoReconstrución virtual do Hipódromo de Constantinopla; un gran foro, o Augustaion, no lugar do Tetrastoon; e unindo ambos espazos públicos o Gran Pazo Imperial, coa súa porta cerimonial (Chalke) cara ao foro e o palco real (Kathisma) ao hipódromo. Ao norte do Augusteon, entre este e os templos pagáns da antiga acrópole mandou construír as primeiras igrexas (primitivas Santa Irene e Santa Sofía polo seu sucesor Constantino II, 360 d.C.).
miniatura|esquerda|250px|Murallas de Constantinopla Para a cidade en si, cuadriplicou a súa superficie cara ao oeste e pechouna con novas murallas. A extensión comezaba nunha esquina do foro co chamado Milion, marco de comezo de tódalas rutas do imperio. De aí arrincaba a vía principal da cidade, Mese, que no seu percorrido porticado ata as murallas ía atopando varios foros: primeiro, o circular Foro de ConstantinoReconstrución virtual do Foro de Constantino; despois o Foro Tauri o de TeodosioReconstrución virtual do Foro de Teodosio, o Foro dos Bois abaixo, no val do Licos, e finalmente o Foro de Arcadio. Tralo foro de Teodosio a Mese duplicábase cun ramal cara ao noroeste, onde mandou construír a fundacional (do tipo central en cruz grega con cinco cúpulas) igrexa dos Santos Apóstolos sobre do que era un templo pagán. Alí foi enterrado cando morreu. O conxunto urbano inda estaba en construción e foron os seus sucesores os que o foron completando . A cidade recibiu entón o nome de Constantinopla (Constantinópolis).
Para comezos do século V, Constantinopla rebordara os seus muros, polo que baixo Teodosio II emprendeuse a construción dun novo cinto murario exterior (408-13). Eran 5.630 metros de soberbia fortificación entre o Mar de Mármara e o suburbio de Blanquernas no Corno de Ouro (onde se fixo unha pequena ampliación un século despois) para acoller unha crecente poboación (300.000 habitantes). A entrada cerimonial da cidade era a do sur, a magnífica Porta Áurea. Ademais estaban os 16 km de muralla do mar. Resistiu os ataques bárbaros e islámicos e a cidade foi inexpugnable ata 1204.
Xustiniano miniatura|Centro monumental de Constantinopla arredor do Gran Palacio O cénit deste primeiro esplendor da capital lógrase co goberno de Xustiniano I (527-65), onde Constantinopla xa é a meirande cidade do mundo (500.000 habitantes).
Trala revolta Niká en 532, na que gran parte da cidade resulta incendiada, o emperador dá inicio a un vasto programa construtor. A primeira Santa Sofía ardera xa nuns disturbios no 404; reconstruída inmediatamente, a segunda basílica foi queimada durante a revolta Niká. Xustiniano chamou a Antemio de Tralles e a Isidoro de Mileto para construír o maior templo nunca erixido ata entón. Abofé que o conseguiron. Santa Sofía é un deseño único e orixinal, enorme, cun interior grandioso e abundante decoración. A culminación era unha gran cúpula que colapsou nun terremoto en 558. De inmediato foi reconstruída por Isidoro o Novo con materiais máis lixeiros e unha maior frecha (+6,25 m para unha altura total de 60 metros).
Santa Sofía soamente foi o estandarte dun grupo de igrexas fundamentais na historia da cidade: aos mesmos arquitectos, Xustiniano encargoulles a erección dun templo maior dos Santos Apóstolos (salvando o Mausoleo de Constantino) onde enterraríase el e os seguintes emperadores ata o medievo; ademais San Polieucto e Santos Serxio e Baco, que podería ser un precedente para Santa Sofía; e unha nova Santa Irene, xa que a primitiva tamén fora incendiada na revolta. miniatura|esquerda|Basílica Cisterna Despois viñeron séculos de decadencia ante a puxanza árabe, coa controversia iconoclasta polo medio (s.VIII-IX, tantas estatuas e tesouros artísticos que decoraban a cidade foron destruídos) onde soamente son salientables pequenas igrexas de mosteiros (Constantino Lips, Salvador de Cora).
No civil, cabe destacar as singulares obras para asegurar o abastecemento de auga a cidade, un punto no que o promontorio onde se asenta é desvantaxoso. Xa nos tempos do emperador Valente (368) rematouse un acueduto que inda continúa en pé. Xustiniano mandou construír a Basílica Cisterna e a Cisterna de Filoxeno, obras subterráneas en bóveda de ladrillo realmente asombrosas.
Dende o século V no que Teodosio II erixiu unha fortaleza, houbo un suburbio na beira oposta do Corno de Ouro: Gálata ou Pera. E dende o século XIII foi lugar de asentamento de comerciantes xenoveses e no 1348 foi erguida a Torre de Gálata na súa muralla defensiva.
En conxunto, un organismo urbano que permanecería no esencial intacto case que mil anos.
Tempo das cruzadas: decadencia miniatura|dereita|250px|Plano da Constantinopla bizantina Cos Comnenos no século XII, Constantinopla viviu seu canto do cisne. Volveu a recuperar puxanza económica, política e artística. De novo foi brevemente a cidade maior do mundo.Monumentos de Bizancio, visita virtual Aínda que as obras de arte máis notables do período sexan as musivarias é de destacar o Pazo das Blanchernas (Tekfur) xunto a muralla exterior e o Corno de Ouro Recreación virtual do Pazo de Tekfur.
Pero en 1204 o debilitamento do imperio era evidente e unha promesa incumprida foi a escusa para que os exércitos da Cuarta Cruzada tomasen e saquearan a cidade impoñendo un efémero Imperio Latino. A poboación decrecera drasticamente de 500.000 a menos de 100.000 habitantes e inda o faría máis (30.000) ata que o avance turco polo leste terminara co asedio e caída de Constantinopla, e con ela, o dun moribundo Imperio Bizantino.
Imperio Otomán: Istanbul miniatura|dereita|Mapa de Constantinopla (1422), polo cartógrado florentino Cristóforo Buondelmonte miniatura|esquerda|120px|Sultán Mehmed II
O 29 de maio de 1453, Constantinopla por fin caeu, e a historia deu un xiro, cara a occidente. O comercio de Europa con oriente e Asia declinou o que forzou a buscar novas rutas polo Atlántico. A era dos descubrimentos, a Idade Moderna, daba comezo.
O primeiro feito para a cidade foi o radical cambio relixioso-cultural: o mesmo día da conquista, o sultán Mehmed II o Conquistador foi rezar a Santa Sofía coa cabeza mirando A Meca. As igrexas foron de inmediato convertidas en mesquitas.
Non correu esa sorte a dos Santos Apóstolos. Pola súa significación como lugar de enterramento dos emperadores bizantinos, Mehmed quixo levantar no seu lugar a primeira mesquita imperial da nova capital do Imperio Otomán: a Mesquita Fatih (1463-70), derrubada por un tremor en 1766, moito máis que unha mesquita, é todo un complexo (kulliie) que reúne tamén madrasa (escola coránica) e tumba nunha disposicións de orde e proporcións clásicas.Plano da Mesquita de Fatih. Tamén Mehmed II deu inicio as primeiras construcións dun pazo imperial axeitado (o bizantino estaba en ruínas). Elixiu o sitio da primitiva acrópole grega e cos séculos completaríase coma o Topkapi. Asemade, para fornecer o comercio, comezou a erección do Gran BazarImaxe do Gran Bazar (vastamente agrandado no s.XVI) nas inmediacións do antigo foro de Teodosio.
Pero o reto para a nova capital foi conseguir repoboala. Non foi senón pola forza que Istanbul recuperou o seu pulo de grande cidade (para 1500 acadou os 200.000 habitantes).Mapa de Bizancio .
Suleimán e Sinan miniatura|dereita|250px|Nicolas de Fer: Vista de Constantinopla, Paris 1696 miniatura|250px|esquerda|Pazo de Topkapi desde o Bósforo Tralo sinal deixado na cidade do "Conquistador" (Fatih), cada sultán quixo deixar a súa pegada con algunha grande obra. Así a Mesquita de Bayaceto II xunto ao bazar (1491-1506). Pero o esplendor da capital otomá viría da man de Suleimán o Magnífico e o seu arquitecto Sinan (a altura do contemporáneo Miguel Anxo). Con el a arquitectura otomá alcanzaría o clasicismo, conxugando as súas antigas raizames persas coa influencia bizantina exemplificada no modelo de Santa Sofía. A primeira obra mestra será a Mesquita Shezade (1543) xunto ao acueduto de Valente.