San Paio de Abeleda é unha parroquia do concello do Castro de Caldelas situada a 2 km da capital do concello. Etimoloxicamente o seu nome pode que proceda de Abeledo, co significado de terra de abeleiras. En 2011 tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980, de xeito que os lugares do Couto, O Ivedo, Pousada de Abaixo, San Miguel e Soutelo se incorporaron a Santa Tegra de Abeleda, e os de Santiurxo, A Tapada e Valverde fixérono ao Castro de Caldelas.

Patrimonio histórico e artístico A igrexa parroquial de San Paio conserva unha portada con arco oxival apuntado sobre columnas acobadadas nas xambas. Decórase con relevos aos lados baixo doseletes, posiblemente de finais do século XIV.

Próximo á igrexa atópase o Mosteiro de San Paio de Abeleda, un dos principais da provincia ata o seu abandono trala desamortización. Na actualidade atópase en situación de abandono e ruína. A pesar de todo aínda pódese contemplar a ampla igrexa, cunha ábsida oxival.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Paio de Abeleda

Parroquias do Castro de Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Castro de Caldelas Galería de imaxes do Castro de Caldelas

Categoría:Parroquias do Castro de Caldelas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas