Iolanda Pérez Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975, é unha escritora en lingua galega.

Traxectoria Mestra de educación musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo, despois de ter sido monicrequeira e asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. No ano 2007 publicou o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 obtivo o premio Xerais coa novela Periferia,Premio Xerais de Novela 2010 , nova en Praza das Letras o 13 de xullo de 2010. unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbiosContra a soberbia , entrevista á autora en Galicia Hoxe o 15 de xuño de 2010..

Obras Narrativa Vidas post-it (relatos, 2007. Edicións Xerais, colección Abismos). Traducida ao castelán no 2011 en Pulp Books, por Moisés Rodríguez Barcia e ao catalán en 2013. Periferia (novela, 2010, Ed. Xerais) Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados (novela, 2018, Ed. Xerais, co pseudónimo de Marleen MaLone) Natura (novela, 2018, Galaxia)

Poesía Amor amén, 2008, Xerais.

Premios Premio Xerais de novela no 2010, por Periferia. Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por Periferia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Xerais Blog Periferia Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública Entrevista en Xornal de Vigo

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975