dereita|miniatura|Casa museo María Antonia Dans en Curtis, con cadros seus expostos. María Antonia Dans Boado, nada en Oza dos Ríos o 14 de abril de 1922 e finada o 17 de febreiro de 1988 en Madrid,. foi unha pintora galega. Traxectoria Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da Coruña (hoxe Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso), da man de Lolita Díaz Baliño. A principios dos cincuenta, tras o seu casamento, trasládase a Madrid onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando.

Comezou a expor en 1950 na Coruña; en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros xa que a invitou o Goberno español a importantes mostras colectivas, especialmente a París, onde se lle concedeu a medalla da vila, e no museo de Arte Contemporánea obtivo esa máxima distinción.

Tamén acudiu ao premio da Fundación March, obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de Córdoba, Badaxoz, Alacant etc.

A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galiza e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "naíf" é, en realidade, un neoexpresionismo de raíz deliberadamente inxenuista, emparentado cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.

O Día da Ilustración do ano 2023, celebrado o 30 de xaneiro, foi dedicado a María Antonia DansDavid Pintor: "¿Día da Ilustración?", en La Voz de Galicia, 30 de xaneiro de 2023, páx. 23..

O Concello de Curtis inaugurou o 13 de marzo de 2024 a Casa Museo María Antonia Dans.

Vida persoal Casou co xornalista Celso Collazo Lema en Madrid en 1952. É nai da actriz Rosalía Dans.

Foi irmá de Lourdes, muller de Xusto Moreda, ambos pintores.Necrolóxica do primeiro aniversario do pasamento de Lourdes Dans Boado de Moreda Pérez, en La Voz de Galicia de 14 de maio de 1975

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Areán, Carlos-Antonio (1964): Joven figuración en España. Madrid, Publicaciones Españolas. Bustamante, Juby (1974): Mª Antonia Dans. Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia. Campoy, A. M. (1973): Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic.

Gaya Nuño, J. A. (1970): La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic.. Mon, Fernando (1987): Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia. Moreno Galván, Jose María (1960): Introducción a la pintura española actual. Madrid, Publicaciones españolas. Pablos, Francisco (1981): Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Pablos, Francisco (1992): Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello de Vigo.

Ligazóns externas

María Antonia Dans, poesía escrita con pincel

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Oza Cesuras Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1988