Christijan Albers, nado en Eindhoven o 16 de abril de 1979, é un expiloto neerlandés de Fórmula 1 e de DTM. Conduciu para Minardi, Midland e Spyker en F1, e para AMG-Mecerdes en DTM, onde acadou un segundo e un terceiro na clasificación final en 2003 e 2004.

Traxectoria Iniciouse nos karts obtendo o campionato nacional danés da disciplina en 1997. Nese mesmo ano tamén foi campión na Fórmula Ford 1800 nos Países Baixos e Bélxica, e participou na serie Renault Mégane.

En 1998 pasou ao Campionato de Alemaña de Fórmula 3, categoría na que obtivo o título no 1999 tras gañar en 6 carreiras. No seguinte ano participou no campionato internacional de Fórmula 3000 e tamén na Fórmula europea.

esquerda|miniatura|Christijan Albers, Spyker M16, (2006).

No 2001 Albers participou na DTM, categoría na que obtivo o subcampionato tras acadar 4 vitorias. Ao mesmo tempo desenvolveu actividades coma piloto de probas da escudaría Minardi de Fórmula 1, e pilotou o bipraza do equipo empregado para fins promocionais. En novembro de 2004 obtivo o mellor rexistro nas probas de Misano di Gera d'Adda.

Albers foi confirmado para a tempada 2005 de Fórmula 1 como piloto titular de Minardi. Non acadou resultados de relevancia nas primeiras carreiras do ano. Ao finalizar a tempada, na que conseguiu catro puntos no Gran Premio dos Estados Unidos, Albers foi confirmado coma piloto principal de Midland F1 Racing.

Na tempada 2007 de Fórmula 1 foi confirmado piloto oficial do equipo Spyker F1 Team, xunto ao seu compañeiro de equipo Adrian Sutil, pero tralo non pagamento do seu patrocinador deixou de correr con esta escudaría, facendo o seu último gran premio en Silverstone.

Resultados na Fórmula 1 Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Posto Puntos 2005 Minardi AUS9 MYS13 BAH13 SMR9 ESP9 MON14 EUR17 CAN11 USA5 FRA11 GBR18 GER13 HUN10 TUR9 ITA19 BEL12 BRA14 JPN17 CHN17 19º 4 2006 MidlandBAH10 MYS12 AUS9 SMRRet EUR13 ESPRet MON12 GBR15 CANRet USARet FRA15 GERDSQ HUN10 TURRet ITA17 CHN15 JPNRet BRA14 22º 0 2007 Spyker AUSRet MYSRet BAH14 ESP14 MON19 CANRet USA15 FRARet GBR15 EURDNP HUNDNP TURDNP ITADNP BELDNP JPNDNP CHNDNP BRADNP 25º 0

Véxase tamén

Ligazóns externas Web Oficial

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Eindhoven Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Países Baixos Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Minardi Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Midland Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Spyker