Léonie Reneé Duquet, nada en La Chanelotte (Les Combs) en 1916 e finada no mar Arxentino (preto de Santa Teresita) o 17 ou 18 de decembro de 1977, foi unha monxa católica francesa detida-desaparecida durante a ditadura militar na Arxentina denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983). O caso da desaparición e asasinato de Léonie Duquet está relacionado co da súa compañeira de congregación Alice Domon e o caso de ambas é mundialmente coñecido como o de «las monjas francesas».
Traxectoria Léonie Duquet naceu na aldea campesiña de La Chanelotte, en les Combs, en Francia. Desde moza ingresou á Congregación das Misións Estranxeiras de París Société des Missions Etrangères) que a enviou en 1949 á Arxentina, instalándose en Hurlingham e Morón, no cordón industrial de Buenos Aires, orientándose á catequese de persoas con necesidades especiais.
Duquet formou alí parte do grupo dirixido polo sacerdote Ismael Calcagno, primo político de Jorge Rafael Videla, o ditador ao mando ao momento de ser secuestrada e asasinada. Paradoxalmente, Léonie Duquet coñeceu a Videla de mozo debido a que este recorreu á súa axuda para a asistencia do seu fillo Alejandro, un neno discapacitado a quen Léonie coidou, ensinou e catequizou na Casa da Caridade de MorónSeoane, María (2001), El dictador, Buenos Aires: Sudamericana
Na década do 60 Léonie Duquet foi convidada polo bispo Monseñor Jaime de Nevares para trasladarse á provincia de Neuquén, na Patagonia, e traballar coa comunidade mapuche na localidade de El Malleo.
Logo regresou ao gran Buenos Aires para traballar no Colexio Sacro Corazón de Jesús de Castelar e realizar catequese liberadora en Ramos Mejía, onde estableceu o seu fogar.
Ao producirse o golpe militar do 24 de marzo de 1976 e instalarse un réxime fundado no terrorismo de estado Léonie tomou a decisión de actuar en defensa dos dereitos humanos. Para explicar a súa actitude adoitaba repetir unha frase: callarse hoy sería cobarde.
Por ese tempo hospedou na súa casa a monxa Alice Domon que fora a Corrientes para axudar na procura de desaparecidos vinculados ás Ligas Agrarias que organizaban aos pequenos produtores de algodón. Moitas das reunións das primeiras organizacións de dereitos humanos realizábanse na súa casa.
En decembro de 1977 Léonie, xunto a Alice Domon, as Nais de Praza de Maio e outros activistas de dereitos humanos, prepararon unha solicitude co nome dos desaparecidos e o reclamo ao goberno de dar a coñecer o seu paradoiro. A solicitude foi publicada no diario La Nación o 10 de decembro de 1977, o mesmo día da súa desaparición. Entre os asinantes figura o nome de Gustavo Niño, nome falso que utilizou o entón capitán da Mariña Alfredo Astiz para infiltrarse no grupo das Nais de Praza de Maio.
Desaparición, secuestro, tortura e asasinato 200px|miniatura|A ESMA. Entre o xoves 8 de decembro e o sábado 10 de decembro de 1977 un grupo de militares baixo o mando de Alfredo Astiz secuestrou a un grupo de 12 persoas vinculadas á Nais de Praza de Maio.O grupo completo secuestrado estaba integrado por Azucena Villaflor de Vicenti, Esther Ballestrino de Careaga, María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas Alice Domon e Léonie Duquet, e os activistas de dereitos humanos Angela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo. Entre elas se atopaba Léonie Duquet, xunto coa fundadora de Nais de Praza de Maio Azucena Villaflor e a súa compañeira tamén monxa francesa Alice Domon.
A maior parte do grupo foi secuestrado na Igrexa Santa Cruz situada no barrio de San Cristóbal da cidade de Buenos Aires, onde adoitaban reunirse. Debido a que Léonie non se atopaba alí, os militares foron o 10 de decembro a Ramos Mejía, no Gran Buenos Aires, para secuestrala na Capela de San Pablo. Os secuestradores enganaron a Duquet dicíndolle que Alice Domon sufrira un accidente e atopábase nun hospital, ofrecéndose a levala.
Léonie foi levada directamente ao centro clandestino de detención situado na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o control da Mariña Arxentina, onde foi recluída no sector denominado "Capuchita". Alí permaneceu aproximadamente 10 días, lapso durante o cal foi constantemente torturada. No Informe Nunca Más as testemuñas Maggio e Cubas, sobreviventes da ESMA, relataron o que sabían sobre a súa sorte:
A nacionalidade francesa das irmás Léonie Duquet e Alice Domon xerou un escándalo internacional, especialmente con Francia. Por esa razón o Xefe da Armada e membro da Xunta Militar, Emilio Massera, ordenou simular que ambas as monxas foran secuestradas pola organización guerrilleira Montoneros. A tal fin Domon foi obrigada baixo tortura a escribir unha carta á súa superiora na congregación, carta que foi escrita en francés, dicindo que foran secuestradas por un grupo opositor ao goberno de Videla. Logo sacáronlles a foto que se atopa nesta páxina na que as dúas monxas atópanse sentadas diante dunha bandeira de Montoneros e exhibindo un exemplar do diario La Nación. A foto, que foi tomada no subsolo do Casino de Oficiais da ESMA e na que ámbalas dúas relixiosas aparecen con evidentes signos de ser torturadas, foi enviada á prensa francesa.
Durante o seu cativerio outra detida, Graciela Daleo, atopouse con Léonie Duquet na cociña, onde se atopaba sentada e encapuchada e recentemente traída da sala de torturas. Daleo preguntoulle entón que necesitaba, ao que Léonie contestoulle: "un café". Inmediatamente un garda ordenoulle a Daleo retirarse. É o último testemuño que se ten da súa vida .
O 15 de decembro de 1977 o diario La Nación publicou unha noticia da axencia EFE baixo o título "Vivas y con buena salud". Alí se informaba que a Nai Superiora da Congregación declaraba desde Francia que as irmás Léonie e Alice foran detidas e que "se hallan vivas y con buena salud". Aclaraba tamén que a información proviña do Nuncio na Arxentina.
Probabelmente o día 17 ou 18 de decembro de 1977, as dúas irmás e o resto do grupo, foron "trasladadas" ao aeroporto militar que se atopa no extremo sur do Aeroparque da cidade de Buenos Aires, subidos sedados a un avión da Mariña e guindadas vivas ao mar fronte á costa de Santa Teresita, morrendo ao chocar contra a auga.
Nun exemplo de humor atroz os mariños vinculados á represión durante a guerra sucia na Arxentina adoitaban naqueles tempos facer referencia a "las monjas voladoras".
En 1990 o capitán Alfredo Astiz foi condenado en ausencia a cadea perpetua pola Corte de Apelacións de París como culpábel da morte das irmás Léonie Duquet e Alice Domon.
Identificación do seu corpo e enterro O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora "el choque contra objetos duros desde grande altura", como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte. Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.
En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos oseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.
A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.
En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaron novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como "probablemente masculino".
Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Entre outros materiais o xuíz enviou tamén unha mostra de sangue dun sobriño de Léonie Duquet. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 29 de agosto de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que os restos individualizados como GL-17 pertencían a Léonie Duquet.
O día 25 de setembro de 2005, 27 anos logo de ser asasinada, Léonie Duquet foi enterrada no xardín da Igrexa Santa Cruz, en Buenos Aires, xunto ás dúas nais de Praza de Maio secuestradas con ela María Ponce de Bianco e Esther Ballestrino de Careaga e a activista de dereitos humanos Ángela Auad. As cinzas de Azucena Villaflor foron esparexidas na Praza de Maio.
No enterro leuse unha declaración do presidente de Francia, Jacques Chirac, que di:
Os seus familiares, presentes na cerimonia, manifestaron o seu acordo para que os restos de Léonie descansasen na Arxentina, "un país al que amaba tanto".
Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos Documentos secretos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.
O dato está incluído en Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto "Informe sobre monjas muertas". Textualmente o documento di:
Memoria Cada 8 de decembro, na Igrexa Santa Cruz, de San Cristóbal, recórdase o aniversario da desaparición do grupo de Nais de Praza de Maio, activistas de dereitos humanos e as dúas monxas francesas, Léonie Duquet e Alice Domon.
No ano 2000, por Lei N° 397, a Lexislatura da Cidade de Buenos Aires denominou "Hermana Alice Domon y Hermana Leonie Duquet" á praciña situada na intersección das rúas Moreto, Medina e Cajaravilla.
No ano 2005 a cidade de París púxolle o nome "Alice Domon et Léonie Duquet" a unha rúa do 13 arrondissement municipal.DIRECTION DE L’URBANISME
Notas
Véxase tamén Outros artigos Desaparecidos pola ditadura arxentina Guerra sucia na Arxentina Proceso de Reorganización Nacional
Ligazóns externas Inhumaron los restos de la monja francesa Léonie Duquet, Clarín, 25 de setembro de 2005 Tecnología, tenacidad y una muestra de sangre traída de Francia en secreto, Clarín, 30 de agosto de 2005 Léonie y Alice: las monjas francesas, por Olga Wornat, Mujeres de Dios
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Nais de Praza de Maio