Enroque reiEnroque curto: O-OEnroque do flanco de rei.  Enroque raíñaEnroque longo: O-O-OEnroque do flanco de dama.

O enroque é unha xogada do xadrez que consiste nun intercambio de posicións entre o rei e algunha das torres. Esta xogada ocupa un movemento e para executala débese proceder coma segue: o rei desprázase dúas posicións sempre en dirección lateral, e logo a torre situada no curruncho lateral correspondente colócase entre onde estaba o rei e onde se colocou; se se tocara primeiro a torre xa non se podería facer este movemento.

O seu nome procede da antiga denominación da torre, o roque, que se usaba para realizar esta xogada. A súa realización só está permitida se se cumpren ó mesmo tempo as 5 seguintes condicións:

A torre que se vai usar para enrocar aínda non se moveu nunca en todo o que a partida leva transcorrida. O rei tampouco se moveu nunca; As casas por onde ten que pasar o rei non poden estar ameazadas, nin tampouco a casa que vai ocupar. O rei non pode empregar o enroque se lle están dando xaque. Entre o rei e a torre non hai ningunha peza.

En notación alxébrica ponse 0-0 o enroque curto, que é o que se fai coa torre na á de rei, e 0-0-0 o enroque longo, que é que se fai coa torre na á de dama .

Categoría:Termos de xadrez

es:Reglamento del ajedrez#El enroque