María Elena Fernández-Gago Díaz, coñecida como Elena Gago, nada na Coruña na década de 1940 e finada na mesma cidade o 27 de xullo de 2011, foi unha pintora galega.
Traxectoria Inicialmente formouse na súa cidade natal. Máis tarde estudou composición e colorido na Escola de Belas Artes de San Fernando e no Círculo de Belas Artes de Madrid. Estudou tamén ballet e música. As súas primeiras exposicións datan de 1959. Expuxo en numerosas cidades españolas e no estranxeiro.
Gago representou nos seus cadros un mundo de evocacións e de ilusións a partir dun realismo minucioso. Traballaba con óleo en barras.
Véxase tamén Bibliografía Chávarri, Raúl: Panorama del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Ediciones. Mujeres en el arte español (1900 - 1984). Madrid, Centro Conde Duque, 1984. Cela, Camilo José: Catálogo para a exposición da Sala Kandinsky. Madrid, 1979. Vangardas e silencios. Compostela, Xunta de Galicia, 1988. II Bienal de Artistas Galegas. Vigo, Concello, 1990. Álvarez, Laureano: Elena Gago, Catálogo da exposición do Kiosko Alfonso. A Coruña, 1987. Mon, Fernando: A pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987. González Garcés, Miguel: Artigo na Gran Enciclopedia Galega. Vol. 14. Xixón, S. Cañada, Edit., 1974. Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981.
Ligazóns externas
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2011 Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes