Un acre é unha medida de superficie, usada en agricultura tanto no Reino Unido como nas súas antigas colonias, incluíndo os Estados Unidos. Equivale a:
43 560 pé² 4 046,856 m²
Na cultura romana, o acre definíase como a superficie que podía arar nunha xornada complera de traballo unha xugada de bois. Como resulta evidente, a superficie que ocupaba dependía de moitos factores como as características da terra a arar, o estado dos bois e a experiencia do labrego.
Véxase tamén Ligazóns externas Conversión de unidades National Bureau of Standards. Refinement of Values for the Yard and the Pound
Categoría:Unidades de superficie