Garage Olimpo é unha película arxentina, protagonizada por Antonella Costa e Carlos Echevarría. Estreouse o 2 de setembro de 1999 e foi gañadora de moitos premios nacionais e internacionais, entre eles no Festival Internacional de Cannes (Selección Oficial "Un Certain Regard"), o de Mellor Filme no Festival de Cartaxena, o Primeiro Premio do Festival de Cine da Habana, o Colón de Ouro no Festival de Huelva, o Premio Fénix no Festival de Santa Bárbara.
Argumento
Trata da historia da detención clandestina, tortura e morte lanzada desde un avión de María, unha activista política e alfabetizadora, levada a un centro clandestino de detención coñecido como Garage Olimpo, que estivo localizado na cidade de Buenos Aires. A historia está ambientada durante a ditadura militar que gobernou a Arxentina entre 1976-1983.
Ten algo de autobiográfico, posto que o director estivo el mesmo detido-desaparecido nos centros clandestinos de detención do goberno militar que gobernou na Arxentina entre 1976-1983.
Intérpretes
Antonella Costa (María) Carlos Echevarría (Félix) Enrique Piñeyro (Tigre) Pablo Razuk (Texas) Chiara Caselli (Ana) Dominique Sanda (Diana) Paola Bechis (Gloria) Adrián Fondari (Rubio) Marcelo Chaparro (Turco) Miguel Oliveira (Nene) Ruy Krieger (Francisco) Marcos Montes (Víbora) Erica Rivas (Filla de Tigre) Gonzalo Urtizberea (Capelán militar) Roly Serrano (Escribá) Erasmo Olivera (Prisioneiro nu) Jean Pierre Reguerraz (Juan Carlos) Déborah Vidret
Premios
1999: Primeiro Premio, Gran Coral, do Festival da Habana 1999: Premio da Crítica Cubana a Marco Bechis do Festival da Habana 1999: Premio Galuber Rocha a Marco Bechis do Festival da Habana 1999: Premio Memoria Martin Luther King a Marco Bechis do Festival da Habana 1999: Premio a Documental pola Memoria a David Blaustein do Festival da Habana 1999: Premio OCIC a Marco Bechis do Festival da Habana 1999: Colón de Oro do Festival de Huelva 1999: Premio Alejandro, do Festival de Cine de Thessaloniki 1999: Premio FIPRESCI, do Festival de Cine de Thessaloniki 2000: Premio Lucas (Sección Xuventude), do Lucas Festival Internacional de Películas para Nenos e Mozos 2000: Premio C.I.F.E.J. - Mención Especial, do Lucas Festival Internacional de Películas para Nenos e Mozos 2000: Premio ICCI do Festival Lleida Latinoamericano 2000: Cóndor de Prata ao Mellor Montaxe da Asociación Arxentina de Críticos de Cine 2000: Mellor Película do Festival de Cartagena 2000: Mellor Director, Premios David di Donatello 2000: Premio Fénix do Festival Internacional de Cine de Santa Barbara
Véxase tamén Ligazóns externas Garage Olimpo, Cine nacional Garage Olimpo, Internet Movie Database
Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Marco Bechis Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en Buenos Aires