San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello de Chantada. Ten unha superficie de 13,1 km². Pertencente o arciprestado de Navego. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 176 habitantes (90 homes e 86 mulleres), 90 menos ca en 2007.

Situación Limita coas parroquias de Mouricios, Argozón e Muradelle polo norte; Requeixo e San Pedro de Viana polo sur; O Mato polo leste; e San Martiño de Asperelo e Santa Baia de Camba polo oeste.

Patrimonio Destaca na parroquia a casona da Arca, unha antiga edificación situada preto do lugar de Vilanova. Esta casa data de principios do século XVIII e conserva un escudo de armas na súa entrada principal que indica a súa orixe nobre así coma unha capela.

Capela de Santo Antón de Penasillás, a carón do Camiño de Inverno.

Capela de San Xosé de Carballizos, da casa grande do Taboada.

Capela de Río Pedroso, da casa grande do Fidalgo.

Festas Na parroquia celebrase a festividade de santo Agostiño os días 28 e 29 de agosto así como a festividade de san Xoán o 24 de xuño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Laxe

Parroquias de Chantada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada

Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán