O Polycommander foi un petroleiro de bandeira norueguesa, contruído en 1965, que o 5 de maio de 1970 encallou á altura das Cíes, debido a un erro do capitán cando abandonaba a ría de VigoCETMAR: "En la maniobra de salida de la Ría de Vigo los bajos de la zona de Monteagudo le causan un gran boquete a babor". Tamén MASMAR, cando rememora os feitos, di que foi saíndo de Vigo. Pola contra, o informe do CEDRE afirma que o accidente se produciu cando intentaba entrar no porto de Vigo: "Le navire s'échoue sur un récif en voulant entrer dans le port"., provocando a maior catástrofe ecolóxica desta ría.

Características do barco O Polycomander foi construído nos estaleiros suecos de Eriksbergs Mekaniska Verksted, en Gotemburgo, no ano 1965, por encargo do armador Einar Rasmussen. A súa eslora era de 230 metros por 29,5 de manga e un calado de 12. Tiña un motor principal de 15.000 cabalos de potencia e un peso morto de 50.380 toneladas. Transportaba 49.414 toneladas de petróleo cru da variedade Light Arabian.

O accidente O petroleiro transportaba petróleo cru desde Sidón (no Líbano) a Donges (Francia), cando se viu obrigado a desviarse a Vigo pola necesidade de desembarcar a Karin AlstadUnha camareira do barco que sufrira un aborto, e que era esposa doutro dos tripulantes.. Durante a madrugada do 5 de maio e a causa dun erro do capitán A. Strom Olsen, que se achegou demasiado á illa de Monteagudo, nas Cíes, encallou sobre os arrecifes existentes entre a Punta Muxieiro e a praia de Figueiras. Segundo parece, o barco tiña que ter virado a estribor na saída da ría para enfilar o canal norte, entre as Cíes e Cabo do Home pero non o fixo, ou non virou a tempo, e rematou batendo na illa. Responsabilizouse tamén ó práctico do porto de Vigo, Joaquín Miller, que dirixía a saída do buque, por non instruír adecuadamente ó capitán (quizais por simples dificultades de comunicación, ou non dominar o inglés), pero non foi condenado no xuízo. No xuízo, celebrado en Ferrol en febreiro de 1971, unicamente resultaron condenados o capitán e o primeiro oficial, a 3 meses e 1 mes respectivamente, así como o pago de 21 millóns de pesetas polos danos ocasionados pol verteduraABC, 20.02.1971 ..

O choque cos fondos causou unha fenda no casco polo seu costado de babor, o que provocou a vertedura da carga. O petróleo incendiouse a causa das chispas que botaba o tubo de escape dun pesqueiro que faenaba nas inmediacións. Durante as 30 horas seguintes, o incendio esténdese por todo o barco, á vez que se producen varias explosións.

Os 39 tripulantes, entre eles cinco mulleres e dous meniños, foron rescatados con vida, pero catro mariñeiros que participaron nos labores de extinción do incendio sufriron graves queimaduras.

Os restos do Polycommander foron desencallados o 26 de xullo. Foron adquiridos por un armador grego, Nisos Delos, que tivo que pagar 28 millóns de dólares, e trasladados polo remolcador vigués José Elduayen á enseada de Barra, en Aldán (Cangas de Morrazo), o día 30. Desde alí, tras taponar provisionalmente as fendas sufridas no casco, o barco foi remolcado en outubro ata o porto do Pireo (Grecia) para ser reparado definitivamente. Unha vez reparado continuou navegando pero baixo o nome de Yanxilas e baixo bandeira gregaOutro petroleiro co mesmo nome, Yanxilas, xa provocara outro vertido de petróleo, dunhas 16.000 toneladas, fronte á ría de Vigo, en 1965., ata ser retirado da navegación en 1985.

Impacto medioambiental Calcúlase que a cantidade vertida foi dunhas 15.000 toneladas. Os intentos de sufocar o incendio con escuma lanzada desde avións e barcos anticontaminación foron infrutuosos e non se apagou ata dous días despois. As barreiras instaladas para conter a marea negra foron ineficaces. Aínda así, só resultaron afectados uns 5 km de costa, da zona de Baiona e Panxón (por exemplo, as praias de Patos, Canido, Sobreira, Cangas de Morrazo e Samil, entre outras), se ben o fume negro provocado polo incendio cubriu unha ampla zona.

Nos días seguintes ó accidente, a carga que non se queimou foi transvasada a barcos petroleiros auxiliares da compañía CAMPSA (Campaláns, Campollano e Camponalón) e desde estes ó Albuera.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aegean Sea Cason Prestige Ligazóns externas Informe CEDRE CETMAR CPI O Cruce (Cerceda, A Coruña) "Polycommander. Hace 30 años" "Un caso de inexplicable error" "Peligro inminente de marea negra en las costas de Vigo" , en La Vanguardia, 8.05.1970 . Verdades y mentiras del «Polycommander» de Eduardo Rolland

Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Catástrofes ecolóxicas Categoría:Petroleiros Categoría:1970 en Galicia Categoría:Barcos de 1965