O Monumento a San Francisco é unha obra realizada entre 1926 e 1930 do escultor galego Francisco Asorey e situada na zona antiga de Santiago de Compostela, no lugar coñecido como o Val de Deus, diante da igrexa do Convento de San Francisco do Val de Deus.

Con este monumento procurábase a conmemoración do VII centenario da morte do Santo de Asís.

Descrición

Estrutúrase en forma de cruz de 12 metros de altura apoiada nunha base con catro metros de lado. A lectura da iconografía representada está pensada para facelo verticalmente, de abaixo a arriba, mostrando unha linguaxe onde xoga co equilibrio entre o alegórico das imaxes e a rugosidade natural, abstracta e xeométrica das pedras de granito, pedras que simbolizan o cordón da Orde de San Francisco. Ocupa o ligar central o santo cos brazos abertos protexido por un crucificado.

O profesor Ramón Otero Túñez considérao como:

No ano 2013, e como preparación para a conmemoración dos 800 anos da peregrinación de Francisco de Asís a Compostela, foi restaurado. Consolidouse a pedra e limpiouse"Finalizan as obras de restauración do monumento a San Francisco", artigo en Noticieiro Galego, 2 de agosto de 2013..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cruceiros de Galicia Escultura de Galicia

Categoría:Escultura de Galicia Categoría:Cultura en Santiago de Compostela Categoría:Estatuas Categoría:Monumentos de Galicia