Antonio Fernández Pita, nado en Fontán (Sada) en 1888 e fusilado na Coruña o 27 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Emigrou cando novo aos Estados Unidos de América, onde participou activamente en diferentes empresas culturais e políticas da colectividade sadense. Así, no 1913 participou na fundación da Sociedad Sada y sus Contornos en Nueva York, que máis tarde financiou a construción das escolas do mesmo nome na vila de Sada.

Retornou antes da proclamación da II República Española e traballou como mariñeiro. No 1931 entrou a formar parte da corporación municipal como concelleiro pola ORGA e 1º Tenente de Alcalde. esquerda|miniatura|Placa da rúa do alcalde Fernández Pita en Sada.

Trala dimisión de Justo Rodríguez Pérez no 1932, foi proclamado alcalde de Sada, cargo que ocupou ata o 1936. Durante este período haberíase enfrontar á oposición reaccionaria, pero tamén ao movemento anarquista. O 18 de xullo ordenou a requisa de armas, que dirixiron Juan Antonio Suárez Picallo e José Monzo Ríos.

Coa toma de Sada polos falanxistas, o día 23, foi apreixado e conducido a Betanzos, de onde foi liberado días despois. Detido novamente e trasladado á Coruña, foi sometido a un Consello de Guerra Sumarísimo e condenado a morte por rebelión militar, pena que se executou o 27 de novembro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía

Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y Guerra Civil en Galicia, Ediciós do Castro . Lamela, Luís (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, Ediciós do Castro . Lamela, Luís (2008). Antonio Fernández Pita: un alcalde fusilado por el franquismo, Ateneo Republicano de Galicia .

Categoría:Alcaldes de Sada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados