Projecto Mourente é o nome do proxecto musical lanzado por Carlos Valcárcel Riveiro, músico afeccionado natural de Mourente (Pontevedra).

Traxectoria En 2001, Valcárcel comeza a elaborar na súa casa cancións de pop electrónico en galego. En 2004, colabora coa Factoría Teatro compondo a música para a obra infantil Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña, de Xavier Picallo. En 2006, lánzase no selo A Regueifa unha compilación de temas baixo o título Baixo os eucaliptos e baixo licenza Creative Commons. Malia a súa precariedade técnica, o álbum logrou certa popularidade, sobre todo con cancións como "Comos os caranguejos" (remesturado por Fanny + Alexander), "Que me enterrem na discoteca", "Mais heteros (que os heterossexuais)" e o propio "Baixo os eucaliptos". Nese mesmo ano, o proxecto compuxo unha das sintonías do programa radiofónico E-music.

Durante 2007, e a pesar de que ese non era o seu obxectivo inicial, o Projecto Mourente realizou, xa coa incorporación de Yolanda Valcárcel, diversas actuacións ao vivo grazas á colaboración de The Homens. As colaboracións tamén se estenderon ao dúo compostelán Fanny + Alexander, a quen o Projecto Mourente mesturou dous temas publicados no álbum "Finais dos 70s, comezo dos 80s". No mesmo 2007, o Projecto Mourente participou no disco colectivo de artistas galegos Manifesto Dobarrista cunha versión de "Corpiño Xeitoso".

En maio de 2008, lanza Kara.o.ke, o segundo álbum do proxecto, de novo na Regueifa. O lanzamento na rede fíxose cun clip do tema "Os piores inimigos". Neste segundo traballo colaboraron diferentes artistas como Noel Feáns de Fanny + Alexander, Martin Wu de The Homens, Cable ou Colectivo Oruga. Ademais das voces de Carlos e Yolanda, tamén contou coa colaboración de Xan Vázquez, quen xa cantara con Projecto Mourente na versión de "Corpiño Xeitoso". Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro.

No verán de 2008, o tema "Chuliboy" resulta finalista no concurso A Polo Ghit. En decembro de 2008 os lectores do Xornal de Galicia escolleron Kara.o.ke como un dos mellores discos galegos do ano. Durante 2008 e 2009 o Proxecto Mourente continuou dando concertos en diferentes lugares de Galiza. Na primavera de 2010, o guitarrista Álex Lópex Sueiras deixa o proxecto e suspéndense os concertos. O proxecto Mourente céntrase entón na elaboración dun novo álbum.

Entre 2010 e 2011, Carlos Valcárcel participa no programa de dinamización lingüística "Detrás da Canción". Xunto cos The Homens percorre ao redor de 50 concellos galegos mostrando a nenos e adolescentes as posibilidades que ofrecen os computadores persoais e os tablets para facer música na casa.

No final de 2011, as demos do novo álbum do Projecto Mourente entran no estudio de Tomás Ageitos. O 16 de xaneiro de 2012 lánzase finalmente á rede "Ao teu redor", un tema de adianto acompañado dunha nova versión de "Baixo os eucaliptos".

Discografía Baixo os eucaliptos (2006) "Só com falar" "Como os caranguejos" "Tanto amor" "Baixo os eucaliptos" "Sorrisos" "Que me enterren na discoteca" "Nom me impressionas" "Volve-te quere" "Máis heteros (que os os heterossexuais)" "Final de mês" "Lágrimas" 250px|miniatura|dereita|Festa do Orgullo Gay 2007. Praza da Quintana, Compostela

Kara.o.ke (2008) "Demasiado popi" "Cobro em B" "Chuliboy" "Nada muda" "Controla-te" "Karaoke" "Vamos queimar Paris" "Nom tés cargo" "Os piores inimigos" "Por adiante e por atrás" "Eu só" "Non podo máis (versión do tema de The Homens)" "Chuliboy (Cable Remix)" "Combro em B (Fanny & Alexander Remix)" "Demasiado popi (Unser Oruga Remix)"

A pior (2012) "Afilia-te!" "Vou para pior" "Ao teu redor" "A revolta dos cosmopailães" "Quando vás a Portugal" "Feliz assim" "Lei e ordem" "Se caio" "Por quê es tam falso?" "Alguém que me queira"

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Projecto Mourente Projecto Mourente no Bandcamp Projecto Mourente na Regueifa Plataforma

Categoría:Música electrónica Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego