Ricardo Núñez Lissarrague, nado en Betanzos o 16 de xullo de 1904 e finado en Palma de Mallorca o 14 de xuño de 1998, foi un actor, guionista, produtor e director de cine galego.

Biografía Nado no seo dunha familia acomodada do Betanzos de principios do século XX, Ricardo trasladouse a Madrid en 1923, onde abriu unha cafetería chamada Atocha. Asiduo ás tertulias artísticas do café "María Cristina", alí descubriuno o actor e director Florián Rey, que o contratou para actuar na película muda El pilluelo de Madrid. Esta colaboración abriulle as portas para participar noutras películas do citado director, como Águilas de acero e La hermana San Sulpicio, filme que o fixo saltar á fama xunto a Imperio Argentina.

A aparición do son no cine supuxo un gran reto para Ricardo: o de camuflar o seu marcado acento galego. Superado este hándicap, e logo dalgunhas aparicións menores, púxose ás ordes do director Benito Perojo para rodar Susana tiene un secreto, Se ha fugado un preso e Rumbo al Cairo, converténdose nunha das estrelas do cine español do momento.

Ao estalar a guerra civil española, Ricardo colaborou en varias películas de apoio á República. Logo da derrota da República, viuse obrigado a exiliarse a Arxentina en 1939, onde se estreou como director coas longametraxes Madre Alegría e Fuego Sagrado. Igualmente, produciu varias películas para Benito Perojo, como Chiruca ou La copla de la Dolores, de novo con Imperio Argentina como protagonista.

A revolución que estalou na Arxentina en 1955 provocou o regreso de Ricardo Núñez a España, onde dirixiu "La chica del barrio" e ata catro películas máis. No seu penúltimo traballo como director, "Lo que cuesta vivir", realizou un cameo aparecendo como taxista.

A partir de 1962 centrouse no seu labor de guionista e produtor, procurando illarse da popularidade e levar unha vida tranquila ata o seu pasamento á idade de 93 anos.

Filmografía Como actor Lo que cuesta vivir (propia, 1958) Nuestro culpable (1938), de Fernando Mignoni En busca de una canción (1937), de Eusebio Fernández Ardavín Rumbo al Cairo (1935), de Benito Perojo Es mi hombre (1935), de Benito Perojo Crisis mundial (1934), de Benito Perojo Se ha fugado un preso (1934), de Benito Perojo Sol en la nieve (1933), de León Artola Alalá (1933), de Adolf Trotz Corre, mulilla (1933), de Benito Perojo (curtametraxe) Susana tiene un secreto (1933), de Benito Perojo El hombre que se reía del amor (1933), de Benito Perojo Las noches de Port Said (1931), de Leo Mittler La aldea maldita (1930), de Florián Rey 48 pesetas de taxi (1930), de Fernando Delgado Fútbol, amor y toros (1929), de Florián Rey La Hermana San Sulpicio (1927), de Florián Rey, xunto a Imperio Argentina Águilas de acero (1927), de Florián Rey El Pilluelo de Madrid (1927), de Florián Rey

Como director Detective con faldas (1962) Lo que cuesta vivir (1958) Tremolina (1957) Malagueña (1956) La chica del barrio (1956) Fuego Sagrado (1950) Madre Alegría (1950)

Como produtor Cuentos de las sábanas blancas (1977), de Mariano Ozores El alma se serena (1970), de José Luis Sáenz de Heredia Miss Cuplé (1959), de Pedro Lazaga Lo que cuesta vivir (propia, 1958) Tremolina (propia, 1957) Malagueña (propia, 1956) Lo que fue de La Dolores (1947), de Benito Perojo Villa rica del Espíritu Santo (1945), de Benito Perojo Martingala (1940), de Fernando Mignoni Nuestra Natacha (1936), de Benito Perojo

Como guionista Escándalo en el internado (1966), de Marino Girolami Lo que cuesta vivir (propia, 1958) Tremolina (propia, 1957, en cooperación con Mauricio Torres) Madre Alegría (propia, 1950)

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ricardo Núñez Lissarrague na Internet Movie Database

Categoría:Actores de Betanzos Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Produtores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1998