Unha arte de pesca (ou simplemente arte) é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades (pesca marítima ou fluvial, marisqueo).
Criterios de clasificación das artes de pesca miniatura|300px|Artes de pesca. As artes de pesca poden agruparse segundo tres criterios principais: o tamaño (o cal implica a súa utilización manual ou mecánica), a forma da arte e o xeito de capturar o animal.
Segundo o tamaño poden ser: manipulables de pequeno tamaño, como o sacho e a nasa; manipulables de tamaño mediano, como a fisga e o truel ou trueiro; manipulables de gran tamaño pero de recolla manual, como o mediomundo e ás veces o chinchorro e a volanta; non manipulables, como o cerco; miniatura|Escultura dedicada á arte de pesca da fisga en Moaña. Segundo a forma da arte poden ser: liñas e anzois, como o palangre; redes, como o xeito ou o bou de vara; caixas ou recipientes, como a nasa; ferramentas activas, que poden ser: arreboladizas, como o bicheiro; de raspado, como a rasqueta; con rede, como o truel;
Segundo o xeito de captura do animal poden ser: intervención activa do animal, como na nasa ou o anzol, onde é o propio animal o que cae no engado; intervención pasiva do animal e pasiva do home, como nas artes de deriva; intervención pasiva do animal e activa (selectiva) do home, como nas artes de arrastre ou de marisqueo;
Clasificación das artes de pesca Na columna da dereita, o código correspondente segundo a ISSCFG, o artigo do Decreto 424/1993 de 17 de decembro e a páxina onde se describe no libro de referencia de Manuel Fariña Castro (1998) Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia: Tipo Subtipo Grupo Subgrupo Nome ISSCFG 424/1993 páxina VOLG Artes de anzol liña (simple: LHP-09.1.0en tangóns: LTL-09.6.0;de recreo: RG-25.0.0) 17 2 + palangre=pincho palangre de superficie LLD-09.4.0 18 4 ++ palangre de fondo LLS-09.3.0 18 3 + *palangrillo=tala LLS-09.3.0 20 6 -+ de rede de *enmalle e enredo fixa raeira=rasca=rasco=rasquiño GNS-07.1.0 (de fondo) 24 30 ++++ volanta GNS-07.1.0 (de fondo)/GND-07.2.0 (pesca de altura) 28 30 + beta=veta=embalo GNS-07.1.0 (de fondo) 31 31 -++ trasmallo=tramallo GTR-07.5.0 35 31 ++ miño GTR-07.5.0 39 32 + de deriva xeito GND-07.2.0(volanta na ref. portuguesa) 43 32 + remolcada de cerco cerco=piobardeira=racú=recú=raspita (con chalandra: PS1-01.1.1;sen chalandra: PS2-01.1.2) 47 54 +-+-+- de arrastre de fondo bou OTB-03.1.1 82a + vaca OTB-03.1.1 82a -+ parella PTB-03.1.3 82b + (semi)peláxico OTM/PTM/TMS-03.2.x (0-3) 85-86 39 + bou de vara TBB-03.1.1 87 49 + de arrastre-cerco bou de man=rapeta SV/SDN/SSC-02.2.x (0-2) 93 50 ++ boliche=chinchorro SV/SDN/SSC-02.2.x (0-2) 99 51 ++ trampas nasas FPO-08.2.0 56-75, 78-81 19-21 + *biturón=*boitirón=viturón=voitirón (de lamprea / fluvial) 76-80 22 --++ auxiliares e de marisqueo* mediomundo LNP05.1.0/LNS-05.3.0 104-105 25 + gancha DRH-04.2.0 119e 15 + raño 119d 15 + rastro 119a-c, 120, 121, 123 14 + can de ameixa=endeño (remolcado) 122 17 ++ fisga=frisga 118e 12 +- bicheiro 10.0.0 106a 26 + forquita=forcada=forcanza 127-1b 13 +++ francada 27 + salabardo LNP-05.1.0 118d 11 + trueiro=truel FCN-06.9.0 127a 25 ++ angazo (traídos da agricultura) 118a, 119-2a 10 + fouciño=fouza 118c 11 +- sacho 118a 10 + rasqueta=raspa 124 13 ++ espello=mirafondos 26 +-
NOTA *: Os códigos asignados nas artes de marisqueo son aproximados, pois a clasificación ISSCFG aplícase só a artes de pesca. Con todo, se foren utilizados para captura dos organismos vivos no mar, o código dado sería o máis probable.
Patrimonio léxico miniatura|Nasa para anguías, na Casa da Navegación, Baiona. As artes de pesca tradicionais amosan unha variación enorme nas súas denominacións. Unha mostra son o conxunto de rastros (gancha, raño, can de ameixa etc.) que, malia teren unha función e uso semellantes, diferéncianse pola especie capturada. En contraste, en portugués dáse a denominación xenérica draga (v. referencias). A seguinte lista pretende fornecer unha mostra para mellor facerse unha idea das variacións diatópicas no contexto do galego, portugués e castelán: 24px galego24px portugués24px castelán bicheiro (VOLG) bicheiro (v. ref. 10.0.0) ó corricán (VOLG) de corrico curricán (segundo o DRAE do pt: corricão) de deriva de deriva, derivante nasa armadilha, nassa, covo, alcatruz, murejona (v. ref. 08.2.0) viturón, voitirón (VOLG) botirão (v. ref. 08.4.0) buitrón (DRAE) ?tangón retranca ?tangón tarrafa (de cerco e xareta, 01.1.1) tarrafa (v. ref. 06.9.0) esparavel (DRAE) tramallo, trasmallo (VOLG), *tresmallo tresmalho (v. ref. 07.5.0) xareta (VOLG) retenida (v. ref. 01.1.1)
Véxase tamén Bibliografía (1998): Artes e aparellos de pesca en Galicia.
Outros artigos Aparello (pesca) Barco
Ligazóns externas Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados" ISSCFG (International Standard Statistical Classification of Fishing Gear), a clasificación estatística internacional uniforme das artes de pesca da FAO, de gran difusión dende a súa creación en 1971, está dispoñible en varios formatos: Lista sinxela en inglés Esquema xeral simplificado en inglés Clave ilustrada trilingüe Descarga completa ou por partes, trilingüe (en PDF) Informe da FAO sobre as artes en América Latina