O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1906 - Un forte terremoto, de 8,25 graos na escala de Ritcher, destrúe boa parte da cidade de San Francisco, e é seguido por un incendio que durou tres días. 1980 - Nace a República do Zimbabwe (antigamente, Rodesia) 1994 - Comeza a emitirse na TVG o Xabarín Club

Nacementos miniatura|100px|David Ricardo. 1583 - Hugo Grotius, xurista neerlandés. 1759 - Thomas Thorild, poeta e pensador sueco (m. 1808). 1772 - David Ricardo economista inglés. 1842 - Antero de Quental escritor portugués (m.1891). 1864 - Richard Harding Davis, escritor estadounidense (m. 1916. 1897 - Claro José Sendón, propagandista anarquista galego (m. 1937). 1899 - Eleuterio González Salgado, mestre e político galeguista (m. 1977). 1900 - Adolfo Anta Seoane, compositor galego (m. 1978). 1923 - Antía Cal, pedagoga galega. 1936 - José Ramón Docal Labaén, economista e empresario galego. 1937 - César Portela, arquitecto galego. 1945 - Celestino García Braña, arquitecto galego. 1949 - Ramón Reimunde Noreña, escritor galego. 1958 - Damián Villalaín, escritor galego. 1960 - Neo Rauch, pintor alemán. 1986 - Denice Klarskov, actriz porno dinamarquesa.

Mortes miniatura|100px|Albert Einstein. 1882 - Henry Cole, deseñador inglés (n. 1808). 1898 - Gustave Moreau, pintor francés (n. 1826). 1905 - Juan Valera, escritor español (n. 1824). 1955 - Albert Einstein, físico alemán (n. 1879). 1968 - Cesáreo Briones Varela, político galego (n. 1904). 1973 - Ramiro Díaz Baliño, siluetista galego (n. 1902). 1974 - Marcel Pagnol, comediógrafo francés (n. 1895). 1976 - Raimundo Vidal Pazos, avogado e político galego (n. 1889). 1990 - Frédéric Rossif, director de cine e televisión francés (n. 1922). 1991 - Gabriel Celaya, poeta en lingua castelá (n. 1911). 1993 - Purificación de Cora Paradela, editora galega (n. 1991). 2013 - Henrique Otero, o gaiteiro do Fragoso, mestre de gaita (n. 1930). 2017 - Miguel Suárez Abel, escritor galego (n. 1952).

Festas e celebracións Día Internacional de Monumentos e Sitios

Outros Santoral:

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Abril