Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El País, Nós Diario e elDiario.es. Dirixiu Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e coordina o volume Cairón, voceiro do Instituto de Estudos Ulloáns. Colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.
Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Certame de poesía Francisco Añón co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra"Daniel Salgado recibiu onte o premio de poesía Uxío Novoneyra" , artigo en La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 2003. en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía"Daniel Salgado y Noni Benegas ganan el Premio Esquío de Poesía" , artigo en De Concursos. en 2004 por Días no imperio.
miniatura|Das Kapital. Formou parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. En 2018 comezou o proxecto musical vietcong, canda a Alexandre Losada (guitarra), Luís Garrido (saxofón e sintetizadores) e mais Marcos Flórez (baixo).
En maio de 2026 participou no Rosalía en camiño en Padrón e Santiago.
Obra Poesía Sucede (2004, Espiral Maior) Días no imperio (2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán) Éxodo, 2006 (Ed. Xerais) Os poemas de como se rompe todo (2007, Sotelo Blanco) Ruído de fondo (2012, Ed. Xerais) Dos tempos sombrizos (2013, Ed. Xerais) Ensaios (2015, Inés de Castro Edicións) O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler (plaquette, 2017. Apiario Editora, Colección Pan de abella) Os paxaros e outros poemas (2021, Xerais). 56 páxs. ISBN 978-84-9121-794-7. ePub: ISBN 978-84-9121-788-6.
Poemas realistas (2024, Apiario).
Ensaio A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), con Martiño Noriega, 2017.
Traducións Ouveo, de Allen Ginsberg, 2007, Positivas. Poesía última de amor y enfermedad, de Lois Pereiro, 2012, Libros del Silencio, Barcelona. A poesía como arte insurxente, de Lawrence Ferlinghetti, 2021, Rodolfo e Priscila Ed.
Obras colectivas Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, 2013, 2.0 editora. Con Manuel Darriba. Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook. A guerra, 2013, Barbantesa. Con María do Cebreiro. Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía. (Ediciones Liliputienses, 2017).
Premios Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2002, por Sucede. Premio Esquío de poesía no 2004, por Días no imperio. Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2013, por Os tempos sombrizos (diario). Premio da Crítica de Poesía Galega 2024 por Poemas realistas.
Vida persoal É fillo de Fernando Salgado, ex conselleiro da Xunta de Galicia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas Vídeo do autor recitando no Festival de Poesía de Salvaterra do Miño. Entrevista logo de gañar o Premio Esquío.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Monterroso Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1981 Categoría:Premio Esquío