miniatura|Símbolo vencellado á heterosexualidade. A heterosexualidade é unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual, ou o desexo amoroso ou sexual por persoas do sexo oposto, en contraste coa homosexualidade.

Ademais de referirse a unha orientación sexual, o termo heterosexualidade designa tamén o comportamento sexual entre persoas de sexo oposto. Moitas especies animais (aquelas que teñen sexo e fertilización interna), entre as que se atopa a especie humana, reprodúcense mediante relacións heterosexuais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Heterosexualidade obrigatoria Orientación sexual Heteroaliado

Categoría:Heterosexualidade