Santo André de Teixido, coñecido popularmente como Santo André de Lonxe, é un lugar da parroquia de Régoa, situado no leste do concello de Cedeira, na Serra da Capelada, preto dos cantís sobre o mar. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 48 habitantes (31 homes e 17 mulleres).
Neste lugar atópase o santuario de Santo André de Teixido, famoso lugar de peregrinación.
Lugares de interese Ademais da capela de Santo André, teñen tamén interese a Fonte do Santo e o miradoiro natural de Vixía de Herbeira, por riba dos cantís que, cos 620 metros de altura, teñen a maior cota sobre o mar de toda Europa.
Curro da Capelada O curro da Capelada é un espazo para a rapa das bestas que se celebra no monte da Pena Toxosa o último domingo de xuño.
Teixido na literatura popular Refraneiro A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo. A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
Cantigueiro A San Andrés de Teixido/ fun coa cesta na cabeza,/ fun por mar e vin por terra/ o santiño mo agradeza Vicente Risco, 405.. Fun ó santo San Andrés/ alá no cabo do mundo;/ sólo por te ver, meu santo,/ tres días hai que non durmo . Fun ó santo San Andrés,/ fun alá e hei volver,/ quedoume a ñima mantilla/ no seu altar por coller . Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada . Indo para San Andrés/ seica me veu un agoiro,/ non puiden levar a pedra/ ó primeiro amilladoiro . Meu divino San Andrés/ este ano alá non vou,/ pola falta de diñeiro/ moita xente se quedou . Meu divino San Andrés,/ tellas do voso tellado,/ elas de lonxe parecen/ ouro fino amartelado . Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota Lino Lema Bouzas, 13. Cedeira e Cariño son concellos limítrofes.. Meu señor San Andresiño/ que está na alta ribeira,/ véñolle pedir, meu santo,/ a salvación verdadeira . Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin solteira,/ pro o que vén virei casada . O divino San Andrés/ mandou empedrar o mar/ para que os seus romeiriños/ o foran a visitar . O San Andrés de Teixido/ está dereito na porta/ mirando para os romeiros/ como lle baixan a costa . Pasei a ponte do Porco,/ paseille a man polo lombo,/ meu divino San Andrés/ o voso camiño é longo Vicente Risco, 405. Refírese á ponte do Porco, sobre o río Lambre, en Miño (A Coruña) construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV..
Galería de imaxes
centro|333px
Lugares e parroquias Lugares de Régoa
Parroquias de Cedeira
Notas
Véxase tamén Bibliografía LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777). TORRES, Xohana: Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos; Engaiolarte, Vigo, 2017 Outros artigos Lugares de Cedeira Santuario de Santo André de Teixido Pelerinaxes I Ligazóns externas Romaní, Ana (19/10/2018) "Xohana Torres, a poeta de San Andrés de Teixido" A Nosa Terra.
Categoría:Lugares de Cedeira