Norberto Centeno, nado o 17 de febreiro de 1927 en Santo Tomé (Corrientes) e finado o 11 de xullo de 1977 en Mar del Plata, Buenos Aires, foi un avogado laboralista e xurista arxentino autor da Lei de Contrato de Traballo. Foi secuestrado e asasinado pola ditadura militar denominada Proceso de Reorganización Nacional.
A súa vida Nas décadas de 1940 e de 1950 Norberto Centeno traballou como inspector de Salubridade e Hixiene na Secretaría de Traballo e Previsión.
Licenciouse como escribán na Universidade Nacional del Litoral e como avogado na Universidade Nacional de La Plata en 1956.
O golpe militar de 1955 que derrocou ao presidente Perón ordenou o seu encarceramento por mor da súa militancia peronista.
En 1960, durante a presidencia de Arturo Frondizi, foi detido polo goberno aplicando o Plan Conintes de mobilización militar da poboación, debido ao seu apoio ás folgas declaradas polos sindicatos. Volveu ser detido ilegalmente polas ditaduras militares en 1969 e 1976.
Exerceu o cargo de asesor legal da Confederación General del Trabajo, da Federación Sindicato Unido Petroleros del Estado (SUPE), Unión de Trabajadores Gastronómicos (UTGRA), Unión Obrera Metalúrgica (UOM), Sindicato Único de Trabajadores Edificios de Renta y Propiedad Horizontal de Mar del Plata, Unión Argentina de Artistas de Variedades (UADAV), Sindicato Trabajadores Industria de la Alimentación, Sindicato de Luz y Fuerza de Mar del Plata e Sindicato Camioneros y Obreros del Transporte. Colaborou tamén coa asesoría letrada da Asociación Obrera Textil, do Sindicato de Trabajadores de la Industria del Hielo y de Mercados Particulares y Afines, así como da Federación Argentina de Trabajadores Rurales y Estibadores (FATRE).
En 1974 realizou un anteproxecto de Ley de Contrato de Trabajo que foi o antecedente principal da Lei de Contrato de Traballo 20.744 sancionada ese ano, e que constitúe a lei laboral máis importante da historia arxentina.
A súa obra
A súa morte: a noite das gravatas
Nos xuízos pola verdade levados adiante como resposta ás leis de Punto Final e Obediencia Debida que impediron investigar ata a súa anulación en 2003 a sorte corrida polas vítimas da ditadura militar e os seus responsábeis, María Eva Centeno, filla de Norberto Centeno, declarou:
Véxase tamén Outros artigos Guerra sucia na Arxentina. Dereito laboral.
Ligazóns externas La Noche de las Corbatas, pola Agrupación Norberto Centeno, Páxina 12, 13 de xullo de 2003 Desaparición y muerte del Dr. Norberto O. Centeno (Cartapacio N° 7289)'', Informe Nunca Más, CONADEP, 1985, Cap. III, Aptdo. C. Desaparición de Avogados Biografía del Dr. Norberto Centeno, por Lic. Ruben Chagaray e Roberto López Park, Ministerio do Traballo da Provincia de Buenos Aires
Categoría:Asasinatos na Arxentina Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Desaparición forzada de persoas Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Nados na provincia de Corrientes