Karl Ferdinand Braun, nado en Fulda, Alemaña, o 6 de xuño de 1850 e finado en Nova York o 20 de abril de 1918, foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.

Traxectoria Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.

Investigacións científicas En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.

En 1897 construíu o primeiro tubo de raios catódicos que utilizou para desenvolver o primeiro osciloscopio adaptando os raios catódicos, de tal de maneira que o chorro de electróns do tubo se dirixa cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.

En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).

Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da primeira guerra mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1909 (en inglés)

Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en Fulda Categoría:Alumnos da Universidade de Marburgo Categoría:Profesores da Universidade de Marburgo Categoría:Profesores da Universidade de Tubinga Categoría:Profesores da Universidade de Estrasburgo Categoría:Profesores do Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Inventores de Alemaña