Natalia Verbeke Leiva, nada o 23 de febreiro de 1975, é unha actriz arxentina, residente en España.
Traxectoria Pasou a súa infancia na Arxentina ata os once anos, idade en que se mudou a Madrid xunto á súa familia, decisión tomada polo seu pai debido á crise política e social que daquela (1986) vivía Arxentina. En Madrid estudou na Real Escola Superior de Arte Dramática e na Escola Guindalera con Juan Pastor. Tamén cursou "Interpretación para profesionais" de man de John Strasberg. Ten estudos de danza contemporánea con Josefina Tomás, de flamenco con Miguel Sandoval e Carmen Romera e con Víctor Ullate.
En 1998 debutou no cine coa película "Un buen novio", que protagonizou xunto con Fernando Guillén Cuervo, pola que recibiu o Premio Max Factor ó rostro máis bonito de cine español. Pero foron outras películas como "Nadie conoce a nadie", "El hijo de la novia" e, especialmente, "El otro lado de la cama" as que a catapultaron á fama. Recibiu dous premios Ondas por estas dúas últimas películas. Foi nomeada a mellor actriz pola Unión de Actores pola súa interpretación en "El otro lado de la cama". En "A golpes" interpretou a María, unha boxeadora que se gañaba a vida como taxista.
En teatro interpretou "El sueño de una noche de verano" de William Shakespeare en Inglaterra.
En televisión participou nas series "El pantano", "Al filo de la ley", "Los Serrano" e, na actualidade Doctor Mateo.
Filmografía
Cine Ano Filme Director 2006 GAL Miguel Courtais 2006 Arritmia Vicente Peñarrocha 2005 El método Marcelo Piñeyro 2005 A golpes Juan Vicente Córdoba 2005 Tempesta Tim Disney 2004 The three ages of the crime Elena C. Lario 2004 El juego de la verdad Álvaro Fernández Armero 2003 Dot the I Matthew Parkhill 2003 O Cid, a lenda José Pozo 2003 Hermanas Julia Solomonoff 2003 El punto sobre la i Matthew Parkhill 2003 Días de fútbol David Serrano 2002 Apasionados Juan José Jusid 2002 El otro lado de la cama Emilio Martínez Lázaro 2001 El hijo de la novia Juan José Campanella 2001 Jump tomorrow Joel Hopkins 2000 Kasbah Mariano Barroso 2000 Carretera y manta Alfonso Arandia 1999 Nadie conoce a nadie Mateo Gil 1998 Un buen novio Jesús R. Delgado
Televisión Ano Película Director 2007 Los Serrano 2005 Al filo de la ley José María Caro e Javier Olivera 2003 El pantano Daniela Fejerman e Inés París
Ligazóns externas a web de NATALIA VERBEKE (desde 2001)
Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1975 Categoría:Actores de televisión da Arxentina Categoría:Actores de teatro da Arxentina