Acontecementos Terceira guerra púnica : Cartago é arrasada polos romanos, logo de tres anos de asedio por Escipión Emiliano. O levantamento da Liga Aquea contra os romanos fica sufocado coa destrución de Corinto por estes. Batalla naval de Leucopetra - O cónsul romano Mumio derrota a escuadra da Liga Aquea. Viriato apodérase de Segóbriga, e derrota ao pretor da Hispania Citerior, Claudio Unimanio.

Arte e cultura Hermodoros, arquitecto grego, é encargado de reconstruír os templos de Xupiter Estator e de Xuno, en Roma, no Campo de Marte. Son os primeiros templos romanos nos que se usa o mármore.

Ciencia e tecnoloxía

Inícianse as obras da Vía Egnatia, que unirá Dyrrachium (Durrës), no mar Adriático, e Tesalónica, no norte do mar Exeo.

Nacementos

Mortes

Outros

Véxase tamén Historia ano a ano

Categoría:-146