María Dolores Miramontes Mato, nada en Guísamo (Bergondo) o 6 de abril de 1895 e finada en Buenos Aires en 1964, foi unha activista e intelectual rexionalista galega.
Traxectoria miniatura|260x260px|María Miramontes, tecedora dun país. Documental de Nós TV|esquerda Filla de xornaleiros, trasladouse coa súa familia á Coruña, onde comeza a traballar nun obradoiro de costura aos 11 anos. Nesta cidade relaciónase con outras mulleres que terán un papel moi destacado no galeguismo e no republicanismo como Elvira Bao Maceiras e Amparo López Jeán.
Militou nas Irmandades da Fala e en 1918 formou parte da súa Xunta Directiva. En 1920 casou con Ánxel Casal, abriron xuntos unha tenda de tecidos, na que traballou de costureira. O matrimonio puxo en marcha outras moitas iniciativas. Fundaron a Editorial Lar e posteriormente a Editorial Nós e dirixiron as Escolas de Insiño Galego, ensino bilingüe e inspirada nos principios da Institución Libre de Enseñanza. Coa proclamación da II República e o ingreso no Partido Galeguista, trasladáronse a Santiago de Compostela, onde seguiu a traballar de costureira. No ámbito político, colaborou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.
Tras o asasinato do seu marido na guerra civil, embarcou na Coruña rumbo a Buenos Aires en novembro de 1936. Na capital arxentina traballou de modista e casou cun curmán, Pedro Miramontes. Mantivo contacto con representantes do exilio galego como Luís Seoane e Maruxa Seoane. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.
Recoñecementos No ano 2007 o concello de Santiago de Compostela púxolle o seu nome a unha rúa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Políticos do Partido Galeguista