miniatura|dereita|Casa da infancia de Hanna Schygulla, en Chorzów, Alta Silesia. Hanna Schygulla, nada en Königshütte (Alta Silesia, hoxe Polonia) o 25 de decembro de 1943, é unha actriz e cantante alemá.

Traxectoria Estudou interpretación en Múnic, e alí coñeceu a Rainer Werner Fassbinder. Uniuse a mediados dos anos 60 ao seu grupo de teatro underground e protagonizou moitas das súas películas ata a morte do director, en 1982.

Os seus principais papeis nas películas de Fassbinder foron:

Marie en Katzelmacher (1969) Johanna en Liebe ist kälter als der Tod (1969) Johanna en Die Niklashauser Fart (1970) Hanna en Whity (1971) Berta en Pioniere in Ingolstadt (1971) Hanna en Warnung vor einer heiligen Nutte (1971) Karin en Die bitteren Tränen der Petra von Kant (1972) Effi Brest en Fontane Effi Briest (1974) Maria Braun en Die Ehe der Maria Braun (1978) Susanne Gast en Die dritte Generation (1979) Willie en Lili Marleen (1980)

Traballou con outros directores alemáns como Wim Wenders ou Margarethe von Trotta, e tamén fóra de Alemaña con Jean-Luc Godard, Carlos Saura ou Marco Ferreri. Desde 1981 vive en París.

Tamén actúa como cantante por teatros de todo o mundo.

Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en Chorzów Categoría:Nados en 1943