alt=Samuel Solleiro na foto promocional de O mundo dos vivos (2019)|miniatura|Samuel Solleiro en 2019, foto promocional d'O mundo dos vivos. Samuel Solleiro González, nado en Tui o 7 de xuño de 1982, é un escritor, tradutor e músico galego.

Traxectoria dereita|miniatura|Samuel Solleiro en 2012 na presentación de Gran tiburón branco. Escritor desde moi novo, ten publicados varios libros de narrativa breve e poesía, ademais de textos dispersos en diferentes publicacións (entre elas, Grial, Boletín Galego de Literatura ou El País Galicia, así como unha escolma traducida do poeta catalán Enric Casasses na revista Dorna). Publicou traballos de crítica literaria no extinto Cartafol de libros de Vieiros entre 2005 e 2007 e no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos a partir de 2008.

Solleiro é licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. É guitarrista e banxista do grupo musical Ataque Escampe e socio fundador da desaparecida Estaleiro editora. Actualmente dedícase profesionalmente á tradución. Viviu en Tui, Santiago de Compostela, Barcelona, Sainte-Anne (Guadalupe, Antillas francesas), Valença do Minho (Portugal) e Le Mans (Francia). Desde 2015 vive na Coruña.

Obras Narrativa Elexías a deus e ao diaño, 2001, Xerais (traducido ao castelán en Lengua de Trapo en 2007, baixo o título Elegías a Dios y al Diablo). Dz ou o libro do esperma, 2006, Xerais. Gran tiburón branco, 2012, Xerais. Relatos americanos (con Roi Vidal e Miguel Mosqueira), 2015, Ataque Escampe.

Poesía Punk, 2013, Corsárias. O mundo dos vivos, 2019, Chan da Pólvora.

Tradución O demo no corpo, de Raymond Radiguet (Irmás Cartoné, 2016) Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob (Aira Editorial, 2017) Frankenstein, de Mary Shelley (Aira Editorial, 2019)

Obras colectivas Pirata, 2007, Cineclube de Compostela. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Entre dous séculos. Actas do III encontro de novos escritores/as, 2009, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, 2010, Cineclube de Compostela. XXIV festival da poesia no Condado. Língua e serviços em mao comum, 2011, S. C. D. Condado. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. 13. Antoloxía da poesía galega próxima, 2017, Chan da Pólvora.

Premios Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2009, por Caída de Abraham Rosenblath.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Dúas Zebras, blog do autor TraduZebra, web profesional do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1982 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Ataque Escampe